Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2018 Páx. 22086

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 16 de abril de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro de 2017 (DOG número 44, do 3 de marzo), modificada pola Orde do 9 de marzo de 2017 (DOG número 52, do 15 de marzo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o acceso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 (DOG número 45, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base 4.2 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución para presentaren a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das persoas aspirantes que figuran nela.

Terceiro. De acordo co disposto na base 3.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o acceso na categoría 003 (ordenanza e outras)

do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas

para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual

DNI

Apelidos e nome

1º exer.

2º exer.

Fase concurso

Total

1

76873358K

Souto Sieiro, María

75

20

15,00

110,00

2

48897363F

González Fontanals, Carlos

80

20

9,65

109,65

3

44817598M

Martínez Gomila, Francisco Javier

80

20

9,35

109,35

4

32844488M

Barreiro Barco, Magdalena

80

20

7,70

107,70

5

44813570W

Carballo Benito, Manuel

80

20

7,55

107,55

6

44473823B

Rey González, Jacobo

80

18

9,45

107,45