Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a declaración de deserta da licitación para a contratación das obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio do Xulgado número 1 da Estrada, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe EP4, prioridade 4c.

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

c) Número de expediente: 2018-OBRSE 04-LU.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283440

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio do Xulgado número 1 da Estrada.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 745000000-7 e outros máis. Ver a cláusula 2.1.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 8 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 121.687,04 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 110.624,58 €.

Importe total: 133.855,74 €.

6. Data de resolución de declaración de deserto: 13 de abril de 2018 (recibiuse unha única oferta fóra de prazo).

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza