Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de recepción e pretratamento de residuos xerados por buques promovida por Limpieza Marítima de Óleos, S.L.U., en Oza (A Coruña) (expediente 2015-IPPC-I-71).

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro) faise público que, por espazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de recepción e pre-tratamento de residuos xerados por buques, Oza (A Coruña). Fecha de emisión 23 de febreiro de 2018.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os documentos poderán consultarse:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de atención ao público;

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Titular: Limpeza Marítima de Óleos, S.L.U., en Oza (A Coruña).

CIF: B15477045.

Domicilio social: Peirao de Oza, 38 (A Coruña).

Localización da instalación: Peirao de Oza, s/n, A Coruña (A Coruña).

Actividade: recepción e pre-tratamento de residuos xerados polos buques clasificados na categoría MARPOL - anexo I, tipos A e C que se producen nas sentinas dos barcos.

Procesos: recepción dos residuos na zona de carga e descarga, envío aos depósitos de almacenamento e pre-tratamento físico a través dunha planta separadora de augas oleosas para a eliminación da fracción acuosa dos residuos recepcionados e almacenamento posterior dos residuos oleosos, previo ao seu traslado mediante camións cisterna a planta de tratamento autorizado.

Verteduras: as augas residuais pluviais potencialmente contaminadas procedentes de augas de choiva ou limpeza con posibles arrastres dirixiranse ao separador de hidrocarburos. As augas residuais industriais de proceso previamente tratadas dirixiranse ao separador de hidrocarburos. Todos os efluentes indicados, xunto coas augas residuais sanitarias procedentes dos sanitarios da caseta de servizos, terán como destino final a rede de saneamento do Porto da Coruña e posterior tratamento en EDAR municipal.