Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22430

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Allariz

ANUNCIO da oferta de emprego público de integración de auxiliares de policía, por promoción interna, correspondente ao exercicio 2018.

Mediante Resolución da Alcaldía do 21 de marzo de 2018 aprobouse a oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2018 na cal está previsto cubrir 2 prazas de axentes da Policía Local por promoción interna nun proceso de integración de auxiliares de policía, conforme o disposto na disposición adicional segunda da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia, conforme a redacción establecida pola Lei 9/2016, do 8 de xullo.

Funcionarios de carreira. Denominación

Nº prazas

Escala

Categoría

Grupo

Policía local

2

Básica

Policía

Grupo C

Subgrupo C1

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo aos interesados que contra a devandita resolución poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta Alcaldía, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Tamén poderán interpor alternativamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo con sede en Ourense, no prazo de dous meses, de conformidade co establecido nos artigos 30, 114.c) e 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 8, 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de optar pola interposición do recurso de reposición non poderán interpor recurso contencioso-administrativo ata que se notificase a resolución expresa do recurso de reposición ou transcorrese un mes desde a súa interposición sen recibir a notificación, data en que poderá entenderse desestimado por silencio administrativo.

Allariz, 20 de abril de 2018

Francisco García Suárez
Alcalde