Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22559

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o 17 de abril de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 54, do 16 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio terá lugar o día 3 de xuño de 2018, no salón de actos da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2018

Camilo José Carrillo González
Presidente do tribunal