Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22577

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de xefatura de grupo de persoal administrativo de xestión e servizos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, convocouse mediante a Resolución do 6 de setembro de 2017 (DOG núm. 185, do 28 de setembro), a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos de xefatura de grupo de persoal administrativo de xestión e servizos.

Con base no Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, e na Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de xefatura de grupo de persoal administrativo de xestión e servizos da Xestión Integrada de Vigo, convocada mediante Resolución do 6 de setembro de 2017.

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os aspirantes nomeados deberán cesar, na praza que desempeñen, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince (15) días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 12 de abril de 2018

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

1. Denominación do posto: xefa de grupo da área de nóminas.

Nome e apelidos: Alexia López Rodríguez.

DNI: 36086658A.

2. Denominación do posto: xefa de grupo da área de vinculacións temporais.

Nome e apelidos: Esther García Novoa.

DNI: 36096471H.

3. Denominación do posto: xefa de grupo de xestión de persoal.

Nome e apelidos: María Luz Alonso Vázquez.

DNI: 76718130C.

4. Denominación do posto: xefa de grupo de apoio técnico-xurídico.

Nome e apelidos: María del Mar Bernárdez Rodríguez.

DNI: 34958772Z.