Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de organización dos actos que vai desenvolver esta consellería nas feiras do libro internacionais que terán lugar no ano 2018 (5 lotes).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=217867.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 212, do 8 de novembro de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: organización dos actos que vai desenvolver esta consellería nas feiras do libro internacionais que terán lugar no ano 2018 (5 lotes).

Lote 1: Boloña.

Lote 2: Bos Aires.

Lote 3: Barcelona.

Lote 4: Frankfurt.

Lote 5: Guadalajara (México).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 157.024,80 €, IVE excluído.

Lote 1: 24.793,39 €, IVE excluído.

Lote 2: 45.454,55 €, IVE excluído.

Lote 3: 20.661,16 €, IVE excluído.

Lote 4: 28.925,62 €, IVE excluído.

Lote 5: 37.190,08 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

Lote 1 (Boloña), lote 3 (Barcelona), lote 4 (Frankfurt) e lote 5 (Guadalajara (México): renuncia.

a) Data da renuncia: 29 de decembro de 2017.

Lote 2 (Bos Aires).

a) Data da adxudicación: 13 de marzo de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 6 de abril de 2018.

c) Contratista: Halcón Viajes, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: 38.900,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria