Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22638

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do Plan parcial S-05 Cortes Condomiña do Plan xeral de ordenación municipal.

Mediante acordo plenario do 22 de marzo de 2018 prestouse aprobación definitiva á modificación do Plan parcial do sector S-05 Cortes Condomiña do PXOM de Ames. O que se fai público para os efectos previstos nos artigos 82 a 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 a 208 do seu regulamento.

«Punto primeiro. Aprobación definitiva modificación Plan parcial do sector de solo urbanizable S-05 Cortes Condomiña do PXOM de Ames.

(...)

Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas ao documento de aprobación inicial de modificación do Plan parcial do sector de solo urbanizable S-05 Cortes-Condomiña do PXOM de Ames, polas razóns expostas no corpo deste acordo.

Segundo. Aprobar definitivamente a modificación do Plan parcial do sector de solo urbanizable S-05 Cortes-Condomiña do Plan xeral de ordenación municipal, documento de aprobación definitiva da modificación do Plan parcial redactado polos arquitectos Juan A. Caridad Graña e Isidro López Yáñez e datado en febreiro de 2018, rexistro de entrada 201899900000252.

Terceiro. Publicar o acordo de aprobación definitiva do documento de modificación do Plan parcial do sector de solo urbanizable S-05 Cortes-Condomiña do PXOM de Ames, no Diario Oficial de Galicia, así como a documentación que conteña a normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da provincia da Coruña, e promover a inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Cuarto. Facultar o alcalde presidente para cantas actuacións de trámite sexan precisas para a mellor execución do acordado».

Contra o presente acordo por aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Ames, 23 de marzo de 2018

José M. Miñones Conde
Alcalde