Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 27 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se somete a información pública o documento base do Plan de transporte público de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 26 de abril de 2018, acordou iniciar a tramitación do Plan de transporte público de Galicia, cuxa elaboración lle corresponde á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, segundo o disposto no artigo 2.3 da Lei 10/2016, do 19 de xullo, de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia, e os artigos 1 e 11 do Decreto 37/2017, do 6 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, modificado polo Decreto 1/2018, do 11 de xaneiro.

Para dar cumprimento ao citado acordo e ao abeiro do previsto no primeiro parágrafo do número 3 do artigo 2 da Lei 10/2016, do 19 de xullo, sométese a información pública o documento base do Plan de transporte público de Galicia por un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e formular as alegacións que coide pertinentes, que deberán ser remitidas á Dirección Xeral de Mobilidade.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar o documento, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Mobilidade, sitas no Edificio Administrativo, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

O documento tamén está dispoñible no seguinte enderezo web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda:

http://civ.xunta.gal/seccion-tema/c/CIV_Transporte_de_viaxeiros?content=Direccion_Xeral_Mobilidade/Transporte_publico_Galicia/seccion.html&std=Documento_basico_informacion_publica.HTML

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade