Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22664

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publican as subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese á seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Programa: Iniciativa Xove. Subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Ourense, cuxa resolución corresponde á xefa territorial, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, segundo o establecido na disposición adicional terceira da Orde do 11 de abril de 2017.

Crédito orzamentario: 44.314,02 euros (corenta e catro mil trescentos catorce euros con cero dous céntimos), para o ámbito provincial.

Crédito orzamentario total da convocatoria 545.161.57 euros (cincocentos corenta e cinco mil cento sesenta e un euros con cincuenta e sete céntimos).

Aplicación orzamentaria: 12.05.313A.481.0.

Código do procedemento: BS306B.

Código de proxecto: 2015 00528.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

Ourense, 17 de abril de 2018

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de proxecto

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Importe da subvención concedida (€)

2017/001-3

Dinamización e ocio formativo no medio rural

G32345274

Asociación Cultural Os Tres Reinos

5.000,00

2017/002-3

Enraízate

G32378960

Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir

4.620,00

2017/003-3

Constrúe o teu futuro

G32122376

Centro de Desenvolvemento Rural O Viso

4.976,00

2017/004-3

Escapadas múltiples e ocio

G32209983

Aodem (Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple)

1.332,02

2017/005-3

Bosques do Xurés

G32469694

Asociación Xuvemprende

5.000,00

2017/006-3

Ocio, lecer e xuventude

G-32270423

Asociación Xuvenil Os Gaiteiros

3.451,00

2017/007-3

Xestionemos o noso lecer e tempo libre

G32410797

ADO (Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense)

5.000,00

2017/008-3

Enraizados

G32224198

Agrupación Folclórica Queixume dos Pinos

4.985,00

2017/009-3

Trípode scout polo medio ambiente

G32466187

Asociación Grupo Scout Ilex

5.000,00