Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22694

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 733/2017).

Despido obxectivo individual (DOI) 733/2017

Demandante: Daniel Varela Parga

Avogado: José Martín Fuentes Neave

Demandados: Nacional 10 Horas, S.L., Comité de Empresa Nacional 10 Horas, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Partners Recovery Spain, S.L.P.

Avogados: (…), (…), letrado de Fogasa, (…)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Daniel Varela Parga contra Nacional 10 Horas, S.L., Comité de Empresa Nacional 10 Horas, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Partners Recovery Spain, S.L.P., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento obxectivo individual 733/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar o Comité de Empresa Nacional 10 Horas, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 4 de xullo de 2018, ás 11.10 horas, na planta baixa, Sala 3, edificio da rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Tras solicitarse o interrogatorio dos representantes legais das empresas demandadas e ao ser a mesma persoa xurídica, deben facerse as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o dito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos, deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

A achega ao acto do xuízo dos documentos referidos pola parte demandante no outrosí digo de segundo do seu escrito de demanda, cuxa copia se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación ao Comité de Empresa Nacional 10 Horas, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza