Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 2 de maio de 2018 Páx. 22905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 13 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación á persoa interesada que se especifica no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible realizala, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, a interesada poderá comparecer no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da xefatura territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistida da súa petición.

Ourense, 13 de abril de 2018

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 11240.

Interesada: Castañeda López, Martha Yolanda.

DNI/NIE/PAS: AT117914.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Fernández Bordas, nº 3, 4º, 32002 Ourense.