Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 2 de maio de 2018 Páx. 22882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo consistente na realización dos traballos de auditoría das contas anuais dos consorcios adscritos á Comunidade Autónoma (APLU, CEIDA e CCervo-Burela).

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA26/2017.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=243802

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: traballos de auditoría das contas anuais dos consorcios adscritos á Comunidade Autónoma, APLU, CEIDA e CCervo-Burela.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 9, do 12 de xaneiro de 2018.

3. Tramitación, procedemento e forma de axudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: trinta e dous mil novecentos corenta euros (32.940,00 €), IVE excluído.

b) Desagregación por lotes (IVE excluído):

• Lote 1 (auditoría das contas da APLU): 18.300,00 €.

• Lote 2 (auditoría das contas do CEIDA): 7.320,00 €.

• Lote 3 (auditoría das contas do CCervo-Burela): 7.320,00 €.

c) IVE: seis mil novecentos dezasete euros con corenta céntimos (6.917,40 €).

5. Formalización.

a) Data de adxudicación. 3 de abril de 2018.

b) Data de formalización: 5 de abril de 2018.

c) Entidades adxudicatarias:

• Lote 1: Brainstorming Audit, S.L.P. (BS AUDIT).

• Lote 2: BM Neira Auditores, S.L.P.

• Lote 3: Brainstorming Audit, S.L.P. (BS AUDIT).

d) Importes de adxudicación:

• Lote 1: 12.342,00 € (IVE incluído).

• Lote 2: 4.871,46 € (IVE incluído).

• Lote 3: 5.929,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio