Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 2 de maio de 2018 Páx. 22917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo para a posta á disposición dos docentes de novos servizos e contidos dixitais innovadores no programa de educación dixital Abalar-Edixgal (expediente 2017/PA/0072).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento e posta en funcionamento de novos servizos e contidos dixitais innovadores no marco do programa de educación dixital en Galicia Abalar-Edixgal.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 14 de agosto de 2017.

DOUE: 10 de agosto de 2017.

BOE: 22 de agosto de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 6.824.380,17 € (IVE excluído).

• Lote 1: 3.719.008,26 €.

• Lote 2: 2.603.305,50 €.

• Lote 3: 502.066,11 €.

5. Orzamento base de licitación: 2.752.500,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

• Lote 1: 2 de febreiro de 2018.

• Lote 2: 24 de novembro de 2017.

• Lote 3: deserto.

b) Data de formalización do contrato:

• Lote 1: 17 de abril de 2018.

• Lote 2: 22 de decembro de 2017.

c) Contratista:

• Lote 1: Everis Spain, S.L.U. - R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982.

• Lote 2: Editorial Planeta, S.A.U.

d) Importe de adxudicación:

• Lote 1: 1.297.816,96 € (IVE incluído).

• Lote 2: 883.050,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia