Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 2 de maio de 2018 Páx. 22880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 28 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2018/00056 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio dos interesados sen poder realizala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que no prazo de 15 días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio comparezan no Rexistro de Parellas de Feito para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non facelo, teranse por desistidas da súa solicitude que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalo na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 28 de marzo de 2018

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/pasaporte

AC-2018/00056

José Miguel Alcántara Mena

Narcisa de los Santos de los Santos

47372089R

VL0082941

AC-2017/00608

Alejandro Sánchez Sáez

Alba García Rodríguez

48683851G

53300670X

AC-2017/00644

Jesús Ángel Ares López

Estefanía Pampín Penas

53307707D

78802304A