Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 2 de maio de 2018 Páx. 22865

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5206/2017-MDM).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sala do social doTribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 5206/2017 desta sección, seguidos por instancia de Mutualia Mutua de Accidentes de Trabajo e Enfermedades Profesionales e Francisco José Manzano Méndez contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, PFA Spril, S.L. e Administación Concursal PFA Spril, sobre accidente, se ditou resolución con data do 11 de abril de 2018, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado José Ángel Moral Sáez-Díez, na representación que ten acreditada de Mutualia, Mutua Colaboradora de la Seguridad Social nº 2, e o interposto pola letrada María Consolación Fernández Dobarro, en nome e representación de Francisco José Manzano Méndez, contra a sentenza de data trinta e un de maio de dous mil dezasete, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, en autos seguidos por instancia de Francisco José Manzano Méndez fronte a Mutualia, Mutua Colaboradora de la Seguridad Social nº 2, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa PFA Spril, S.L., hoxe en situación de concurso de acredores, e á Administración concursal desta citada empresa, sobre incapacidade permanente derivada de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos a resolución recorrida, impoñendo a Mutualia, Mutua Colaboradora de la Seguridad Social nº 2, as custas do seu recurso, que inclúen a cantidade de cincocentos cincuenta euros (550 euros), en concepto de honorarios da letrada impugnante do seu recurso.

Procede acordar a perda do depósito e da consignación efectuados para recorrer pola mutua, aos que se dará o destino legal correspondente, unha vez sexa firme esta sentenza.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a PFA Spril, S.L. e Administración concursal PFA Spril, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 11 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza