Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 22951

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

DECRETO 42/2018, do 12 de abril, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno do treito de concentración de accidentes na estrada AC-550, punto quilométrico 80+400, coa clave AC/17/092.06 6, no concello de Porto do Son.

Antecedentes.

Primeiro. Con data do 21 de novembro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 221) o Anuncio do 6 de novembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno do treito de concentración de accidente na estrada AC-550, p.q. 80+400, coa clave AC/17/092.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, certificados e informes presentados, o 23 de marzo de 2018 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno do treito de concentración accidentes na estrada AC-550, p.q. 80+400, coa clave AC/17/092.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a creación dunha glorieta no p.q. 80+400 co cruzamento da travesía da Igrexa, transformando a intersección a nivel existente, de notable accidentalidade, nunha glorieta coas características adecuadas, así como a urbanización da zona comprendida entre o trazado da estrada actual e o antigo trazado da AC-550 (espazo funcional da estrada).

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar á realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de abril de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo único. Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno do treito de concentración de accidentes na estrada AC-550, p.q. 80+400, coa clave AC/17/092.06.

Santiago de Compostela, doce de abril de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda