Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución pola que se acorda a retirada do viveiro Experimental ameixa de Carril 2 situado na cuadrícula número 256 do polígono B de Vilagarcía de Arousa.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á sociedade interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución da conselleira do Mar pola que se acorda a retirada do viveiro Experimental Ameixa de Carril 2 que a sociedade Ameixa de Carril, S.L. ten fondeado na cuadrícula 256 do polígono B de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE num. 236, do 2 de outubro) e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 14 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 19 de abril de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Viveiro

Interesada

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

Exp. ameixa de Carril 2 (cuadrícula 256, polígono B de Vilagarcía de Arousa)

Ameixa de Carril, S.L.

B36282853

Resolución que acorda a retirada do viveiro

Punta Preguntoiro, 20, Vilaxoán, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)