Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23136

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

ANUNCIO de convocatoria de probas selectivas, polo sistema de concurso oposición, de varias prazas.

Convocatoria de probas selectivas, polo sistema de concurso oposición, das seguintes prazas:

• 1 técnico de Recursos Humanos, contratación temporal, mediante contrato de relevo.

• 1 responsable de Facturación, contratación fixa.

• 1 responsable de Ambiente, contratación fixa.

• 1 responsable da Oficina da Secretaría Xeral, contratación fixa.

As bases destas convocatorias, así como as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia destes procesos selectivos, estarán á disposición dos interesados:

– No taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria, no peirao de Curuxeiras, s/n, 15401 Ferrol.

– No taboleiro de anuncios da sede electrónica da Autoridade Portuaria http://sede.apfsc.gob.es.

– Na páxina web de Portos do Estado.

– Na páxina web www.administracion.gob.es (060).

Ferrol, 20 de abril de 2018

José Manuel Vilariño Anca
Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao