Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 4 de maio de 2018 Páx. 23318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución da primeira multa coercitiva do expediente sancionador MON-LU-0167/2015-FOR.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 19 de abril de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0167/2015-FOR.

Interesada: María Cebral Cabo.

Acto notificado: resolución da primeira multa coercitiva.