Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de abril de 2018 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento mediante poxa pública de bens inmobles situados nos concellos de Foz e Paradela, procedentes da antiga cámara agraria local.

Mediante ordes do 26 de xaneiro de 2018 e do 21 de decembro de 2017, da Consellería de Facenda, foi autorizado o alleamento mediante poxa duns inmobles situados nos concellos de Foz e Paradela.

Logo de publicarse o 28 de febreiro de 2018 no Diario Oficial de Galicia número 42, e nun xornal de ampla difusión (El Progreso do mesmo día) o Anuncio do 2 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados inmobles, realizouse o 11 de abril de 2018 a poxa pública anunciada, co que, á vista da acta da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A Manuel Ricardo Maseda Otero, polo prezo de 26.429,33 €, o inmoble descrito como rústica: labradío en Cabeceira da Cruz (actualmente rúa Fonte da Cruz, nº 1), parroquia e municipio de Foz, de 200 m2. Linda: norte, Antonio Núñez Cageao e dona; sur, camiño de 3 m; leste, 12 m a camiño; e oeste, liña de 12 m a Francisco Martínez e Manuel Jorge Maseda Castro. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no predio nº 14.375, tomo 501, libro 105 e folio 88, inscrición segunda. Referencia catastral 0252003PJ4205S0001DT.

2. A Miguel Gallego López, polo prezo de 26.334,27 €, o inmoble descrito como edificio de planta baixa e piso que ten unha superficie total construída de 345 m2, que se asenta sobre un soar que chaman Monte da Pega, parroquia de San Miguel de Paradela, concello de Paradela (Lugo), cunha superficie de 210 m2. Estrema: norte, con máis de González e González, hoxe fin do núcleo urbano; sur ou fronte, camiño, hoxe praza Fraga Iribarne; leste máis de González e González, hoxe parcela de Ángel Pallares López; oeste máis de Camilo González González e outro. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Sarria no predio 3.599, folio 44, libro 33, tomo 397. Referencia catastral 7460010PH1376S0001AS.

Segundo. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Terceiro. As vendas formalizaranse como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se teñan producido neste procedemento de alleamento.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda