Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 562/2016).

Procedemento ordinario (PO) 562/2016

Demandante: Susana Guitar Novo

Avogada: Otilia Pérez Peaguda

Demandados: 2 Mil Desarrollo y Organización de Servicios Mútiples Internacionales, S.L., Estudios Custodias y Traslados Vía Nova, S.L., Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela

Avogados: (…), (…), letrado da Comunidad, Manuel Lobato Iglesias

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 562/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Guitar Novo contra 2 Mil Desarrollo y Organización de Servicios Múltiples Internacionales, S.L., Estudios Custodios y Traslados Vía Nova, S.L., Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo: ter por desistida a Susana Guitar Novo da súa demanda e, unha vez que asine esta resolución, arquivaranse os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 1596, clave 64 N do Banesto, e deberá indicar no campo concepto a indicación recurso seguida do código “31 Social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impuganada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a 2 Mil Desarrollo y Organización de Servicios Múltiples Internacionales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza