O día 15 de xaneiro de 2018 o presidente de Portos de Galicia, con base no artigo 88.2 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, acordou iniciar o trámite de modificación da concesión outorgada ao Club Náutico Isla de La Toja para a construción e explotación de instalacións para a náutica recreativa no porto da Toxa, con base na solicitude presentada polo concesionario.
En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia