Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo de obra cofinanciado pola Unión Europea nun 80 %, a través do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 04, prioridade de investimento 04.05, obxectivo específico 04.05.01.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo.

I. Contrato de obras: itinerario peonil e ciclista na AC-116. Treito: río do Pozo-AC-114. p.q. 4+120-6+500. Clave: AC/16/061.06. Expediente: E/059/2017.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de Expediente: AC/16/061.06 (E/059/2017).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 239849

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de obras.

b) Descrición: itinerario peonil e ciclista na AC-116. Treito: río do Pozo-AC-114. p.q. 4+120-6+500.

c) CPV: 45233000-9.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (27.12.2017).

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

5. Valor estimado do contrato: 600.401,81 €.

6. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 600.401,81 €. Importe total: 726.486,19 €. Cofinanciado pola Unión Europea: programa operativo Feder Galicia 2014-2020 nun 80 %, obxectivo temático 04, prioridade de investimento 04.05, obxectivo específico 04.05.01.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23.3.2018.

b) Data de formalización do contrato: 13.4.2018.

c) Adxudicataria: Construcciones López Cao, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 457.800,00 €. Importe total: 553.938,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas