Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23567

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 24 de abril de 2018 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Por outra banda, a teor do previsto no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de xuño de 2002, no cal se fixou a composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, nel intégrase un representante dos concellos de Cervo e Xove que alternarán cada dous anos.

Tendo en conta que mediante a Orde do 5 de abril de 2016 (DOG núm. 71, do 14 de abril) se dispuxo o nomeamento dun vogal en representación do Concello de Xove, e transcorrido o período de dous anos antes indicado, cómpre efectuar un novo nomeamento.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de José Demetrio Salgueiro Rapa como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación do Concello de Xove, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2018

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar