Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23808

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 71/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 71/2018, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a entidade Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a sentenza 15/2018, con data do 17 de abril de 2018, pola que se estima a demanda presentada, contra a cal non cabe interpor ningún recurso. O texto íntegro da sentenza está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que lle sirva de notificación en forma a Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza