Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 26 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social 20/2018.

Notifícaselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona, no anexo, ao ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, 79, 7º, Ourense.

Ourense 26 de abril de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expte.

Nº de acta infracción

Nome/razón social

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data da
resolución

Importe
da sanción

20/2018

I322018000001546

Constandre, S.L.

B32457426

Estrada Parada do Sil, s/n, Luíntra

32160 Nogueira de Ramuín (Ourense)

10.4.2018

626,00 €