Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o requirimento para facerse cargo dun ben incautado no expediente sancionador PESAN1 2009/680-5.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento para facerse cargo dun ben incautado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada dispoñe dun prazo de seis meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para facerse cargo do ben incautado.

O expediente relacionado no anexo atópase á disposición do interesado nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vigo, 26 de abril de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PESAN1 2009/680-5

Nicanor Sueiro Alves

35304751G

Requirimiento para facerse cargo dun ben incautado

Casas, 18, Sanxenxo