Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23853

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de alleamento, mediante concurso público, de 33 parcelas resultantes do proxecto de parcelación do Plan de sectorización de SRAU industrial Outeda-Curro (Barro-Pontevedra).

O Pleno da Corporación Provincial de Pontevedra, en sesión ordinaria celebrada o día 27 de abril de 2018, aprobou o expediente de alleamento ou a constitución dun dereito de superficie, mediante concurso público, de varias parcelas (33) resultantes do proxecto de parcelación do Plan de sectorización do solo rústico apto para urbanizar (SRAU) industrial Outeda-Curro, no concello de Barro, Pontevedra, polo que se fai a seguinte convocatoria:

1. Obxecto.

O alleamento ou a constitución dun dereito de superficie, a través de procedemento aberto, de 33 parcelas resultantes do proxecto de parcelación do Plan de sectorización do solo rústico apto para urbanizar, SRAU industrial Outeda-Curro, no municipio de Barro, Pontevedra.

2. Garantías.

Os licitadores deberán constituír garantía provisional equivalente ao 2 % do importe tipo ou base de licitación previsto no anexo 4 do prego, IVE excluído. No suposto de optar pola constitución dun dereito de superficie, a garantía provisional que se deberá constituír será equivalente a media anualidade do canon tipo ou base de licitación previsto no anexo 4, IVE excluído.

A garantía consignarase exclusivamente na Caixa da Deputación de Pontevedra, en calquera das formas previstas no artigo 106 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

En canto á garantía definitiva e, de ser o caso, á garantía de pagamento fraccionado, regúlase na cláusula 19ª do prego.

3. Prazo de presentación de proposicións.

As proposicións para tomar parte na presente contratación poderán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, avenida Montero Ríos, s/n, CP 36071, na oficina periférica de Vigo, sita na rúa Oporto 3, CP 36201, ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado desde a última publicación do anuncio de licitación (BOP ou DOG).

4. Cualificación da documentación e apertura de proposicións.

A apertura do sobre B correspondente á proposición técnica realizarase en acto público, ás 10.00 horas do quinto día hábil seguinte ao día en que remate o prazo sinalado para a presentación de ofertas; en canto aos sobres A, Documentación administrativa, e C, Proposición económica, observarase o disposto na cláusula 17ª do prego.

5. Información.

Os pregos de cláusulas económico-administrativas, así como os seus 5 anexos, poderán consultarse na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es. Así mesmo, o teléfono de información é 886 21 03 85.

Pontevedra, 27 de abril de 2018

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2016007829, do 25.4.2016)
Carlos López Font
Deputado delegado de Economía, Facenda e Réxime Interno