De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=279894
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 48, do 8 de marzo de 2018.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: traballos de impresión, edición e a súa distribución de diverso material: dous xogos de carteis, acompañados de cadansúa guía didáctica, para as exposicións que se levarán a cabo no marco da campaña do Día das Letras Galegas.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.
b) Procedemento: aberto non harmonizado.
4. Orzamento base de licitación: 30.000 €, IVE excluído.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 23 de abril de 2018.
b) Data da formalización do contrato: 24 de abril de 2018.
c) Contratista: Gráficas Anduriña, S.C.G.
d) Importe da adxudicación: 21.400 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo de aplicar os criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria