No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación da resolución de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que compareza persoalmente ou debidamente representada na sede do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.
Así mesmo, esgotada a vía administrativa no procedemento que se relaciona no devandito anexo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 26 de abril de 2018
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente de xestión: TR 341D 2016/96-5.
Nome: Fernández Veiguela, Susana.
NIF: 16561133Y.
Último enderezo coñecido: avenida Gran Vía, nº 160, 5º A, 36211 Vigo (Pontevedra).
Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.
Norma reguladora: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
Contido da resolución: resolución do recurso de reposición.
Data da resolución: 27.2.2018.