Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nun procedemento competencia desta entidade (expediente 2015/81/27).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por descoñecer o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puido efectuar, notifícaselle o acto administrativo á persoa interesada e que se indica no anexo no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por notificada. Advírtese que no prazo de quince (15) días desde o día seguinte á notificación do acto de trámite este terase por cumprido.

Lugo, 13 de abril de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2015/81/27.

Persoa interesada: Servando José González Barreiro.

Enderezo actual: rúa do Liño, núm. 2, 27003 Lugo.

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do 20 de marzo de 2018.