Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24168

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 20 de abril de 2018, da Xerencia Municipal de Urbanismo, polo que publican as bases xerais e específicas para a selección de persoal funcionario incluído na oferta de emprego público para 2016 (expediente 9.205/407).

Con data do 20 de abril de 2018 publicáronse, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, as bases xerais e específicas para a selección do persoal funcionario, incluído na oferta de emprego público para o ano 2016, na cal se prevé a cobertura, pola quenda de promoción interna, das seguintes prazas:

– Dúas de administrativo, escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo/subgrupo C1.

– Unha de inspector de urbanismo, escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, grupo/subgrupo C1.

Vigo, 20 de abril de 2018

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
Mª José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo