Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2018 Páx. 24282

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Neonatoloxía, convocada mediante a Resolución do 18 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 13, do 18 de xaneiro de 2018).

Convocada mediante a Resolución do 18 de decembro de 2017 (DOG nº 13, do 18 de xaneiro de 2018), a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Neonatoloxía, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se establece a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Neonatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada mediante Resolución do 18 de decembro de 2017 (DOG nº 13, do 18 de xaneiro de 2018).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima, o/a candidato/a nomeado/a será avaliado/a, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O/a aspirante nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2018

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto: xefe/a do Servizo de Neonatoloxía.

Nome e apelidos: María Luz Couce Pico.

DNI: *****512G.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter provisional, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.