Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2018 Páx. 24387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 30 de abril de 2018, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R003/1541/2015 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e co artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno o órgano arbitral que se designou para tal efecto.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a unidade do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na praza Camilo José Cela, s/n (Edificio Administrativo), de Ferrol, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ferrol, 30 de abril de 2018

Begoña Díaz Piñeiro
Xefa do Servizo de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R003/1541/2015.

Interesada: I Wash Ferrol, S.L.

NIF: B-70381793.

Acto notificado: laudo arbitral do 12.12.2017.

Expediente: 15R003/997/2015.

Interesada: Janet Elizabeth Cuff Wrihgt.

NIE: Y-0837836-Y.

Acto notificado: laudo arbitral do 26.4.2017.

Expediente: 15R003/108/2016.

Interesado: José Carlos Goti Martínez.

NIF: 32642474-T.

Acto notificado: laudo arbitral do 16.3.2018.