Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2018 Páx. 24367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de abril de 2018 pola que se notifica a resolución de execución subsidiaria de orde de demolición e restitución derivada do expediente S-68/2004.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 16.3.2018 ditou resolución de execución subsidiaria de orde de demolición e restitución derivada da Resolución do 17.10.2005, que ordenaba a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior da comisión da infracción no prazo de dous meses a partir de que a resolución fose firme en vía administrativa, polas obras realizadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Carragueiros, termo municipal de Boiro (A Coruña), derivadas do expediente S-68/2004 (IU1/2014).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a María Manuela Places Silva, e a Socorro Silva Pérez, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, cuxa data de publicación determinará a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ás interesadas que o texto íntegro da resolución que se lles notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as interesadas poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes ao acordo de execución subsdiaria e que será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse contra a resolución da cal o presente acordo é un mero acto de execución. Se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden inerpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, desde o día seguinte da presente notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ás citadas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística