Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2018 Páx. 24270

III. Outras disposicións

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de publicar os convenios subscritos en cada entidade, e indica no seu artigo 15.2 que:

«(...) cada consellería ou entidade deberá remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, dentro dos primeiros vinte días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior (...)».

En cumprimento desta disposición normativa,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) no primeiro cuadrimestre do ano 2018, que se indican a continuación: convenio de colaboración entre o Cixtec e a EGAP.

Segundo. O dito convenio detállase no anexo a esta eesolución.

ANEXO

Título: convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Sinatura: 12 de xaneiro de 2018.

Importe: 0 €.

Obxecto: a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Cixtec, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes; para actuar de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins das dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2018

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable