De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial de Lugo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, Lugo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 24 de abril de 2018
Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-RES 2018/012.
Interesados: Sorin Roua e Gina Nicoleta Roua.
Acto notificado: acordo de inicio.