Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2018 Páx. 24555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 9 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental para o proxecto de instalación dunha caldeira, dun depósito e gasóleo e dunha estación depuradora de augas residuais no complexo industrial que Granja Campomayor, S.L. posúe en Ximonde, Palas de Rei (Lugo), e á resolución pola que se modifica a autorización ambiental integrada co número de rexistro 2010-IPPC-1021-254.

De conformidade co disposto no artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) e co artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade ás seguintes resolucións:

Proxecto: instalación dunha caldeira, dun depósito de gasóleo e dunha estación depuradora de augas residuais no complexo industrial de Ximonde

Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Titular: Granja Campomayor, S.L.

Expediente: 2017-IPPC-M-16

Localización: concello de Palas de Rei (Lugo)

Data: 27.3.2018

Esta resolución poderase consultar en http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático