Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2018 Páx. 24577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos artigos 5 e 9 dos estatutos da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), que consiste, entre outros, no cambio de domicilio social, que pasa a ser na rúa Castiñeiro, nº 10 (local 9), Os Tilos, Teo.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán formar parte da asociación aquelas empresas e empresarios/as individuais con traballadores ao seu cargo, que teñan como actividade fundamental a produción de espectáculos de artes escénicas, estean legalmente constituídas, teñan o seu domicilio social en Galicia e que voluntariamente decidan a súa afiliación por acordo dos/das representantes legais ou, de ser o caso, dos seus correspondentes órganos directivos.

Asinantes: María Belén García Pichel (presidenta) e Esther F. Carrodeguas (secretaria).

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego