BDNS (Identif.): 398596.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Beneficiarios
a) Grupos informais de entre 5 e 8 mozos e mozas, debidamente identificados, con idade comprendida entre os 18 e 30 anos e empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade, inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Segundo. Obxecto
O establecemento das bases reguladoras da concesión de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia que se desenvolven durante o ano 2018 e nas cales os mozos e mozas participen activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por eles mesmos.
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.
Cuarto. Contía
A contía global da convocatoria é de 387.955,54 euros. Finánciase o 100 % do proxecto, cuxo orzamento non poderá ser superior a 5.000 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Sexto. Outros datos
O período subvencionable abrangue desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2018.
Coa presentación da solicitude achegarase o proxecto de iniciativas xuvenís seguindo o modelo publicado na convocatoria.
Todas as entidades e grupos aos cales se lles conceda a axuda e o soliciten recibirán un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida.
A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima de 50 puntos na avaliación dos proxectos e a concesión efectuarase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2018
José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social