Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2018 Páx. 24626

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de convocatoria de diversos procedementos selectivos (promoción interna).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 65, do 5 de abril de 2017, publicáronse as bases xerais para a selección de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 237, do 15 de decembro de 2017, publicáronse integramente as bases das convocatoria dos procesos selectivos para cubrir, polo sistema de concurso-oposición, promoción interna, as prazas que a continuación se relacionan:

– 4 prazas de técnicos/as de xestión, escala de Administración xeral, subescala técnica; grupo titulación A2.

– 19 prazas de administrativos/as, escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo titulación C1.

– 10 prazas de auxiliares administrativos, escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo de titulación C2.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 23 de abril de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 10.11.2017; BOP nº 218, do 16 de novembro)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Seguridade Cidadá, Recursos Humanos e Réxime Interior