Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24793

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 554/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 554/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Alende Ferrín contra Mármores Alende, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2018

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 554/2017 sobre despedimento, seguidos por instancia de Patricia Alende Ferrín, asistida pola letrada Marta Rodríguez Mallo contra a entidade Mármoles Alende, S.L.

Decido:

Estímase a demanda interposta por Patricia Alende Ferrín contra a entidade Mármoles Alende, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada polas demandadas con efectos do 30 de xuño de 2017, e en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 57,02 euros diarios ou ben, por elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 41.054,44 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta resolución, mediante un escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Condeno, así mesmo, á empresa demandada aboar ao demandante a cantidade de 3.160,60 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos, máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá se anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza