Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do cambio de uso forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de Santa María do Mao, no concello do Incio, promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Serra do Édramo (clave 2016/0144).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 20 de abril de 2018, do cambio de uso forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de Santa María do Mao, no concello do Incio, promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Serra do Édramo.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos

e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático