Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24642

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 2 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se convoca para o ano 2018.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27, parágrafos 22, 23 e 24, establece que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva nas materias de promoción do deporte e a adecuada utilización do lecer, asistencia social, así como a promoción do desenvolvemento comunitario que se aplica, entre outros, ao ámbito da mocidade.

Mediante o Decreto 285/1989, do 16 de decembro, asúmense as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción sociocultural, no ámbito da mocidade e desenvolvemento comunitario.

O artigo 15 da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, dispón que a Xunta de Galicia potenciará a mobilidade entre a mocidade galega, desenvolvendo programas para a realización de estudos, cursos e actividades noutras comunidades autónomas, na Unión Europea e noutros países, co obxectivo de potenciar o coñecemento da diversidade e riqueza cultural, o que contribuirá á súa formación e posterior inserción laboral.

En virtude do disposto no Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, correspóndelle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre outras funcións, a xestión das actuacións en materia de mocidade, así como das políticas xuvenís de carácter interdepartamental e de apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil, así como o fomento da mobilidade xuvenil, dos intercambios xuvenís, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia como no resto do Estado e no ámbito internacional.

De conformidade co Programa operativo de emprego xuvenil, en adiante POEX, a mobilidade transnacional pode constituír un elemento fundamental na formación dos mozos e mozas, tanto pola experiencia adquirida como polo apoio que pode supor a aprendizaxe dun idioma estranxeiro. Desta maneira, a experiencia laboral no estranxeiro pode achegar un valor engadido á formación permanente dos/as mozos/as a á súa traxectoria profesional e proporcionarlles máis oportunidades de emprego. A mellora na formación e na empregabilidade da mocidade permitirá reducir os desaxustes existentes no mercado de traballo e cubrir as necesidades de man de obra. A mobilidade enmárcase dentro do POEX, do seguinte xeito:

1. Eixe 5. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non están empregadas nin participan en actividades de educación e formación, en particular, no contexto da garantía xuvenil.

2. Prioridade de investimento 8.2. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non estean empregadas nin participen en actividades de educación nin formación, así como os mozos e mozas que corren o risco de sufrir exclusión social e mais os/as procedentes de comunidades marxinadas, en particular no contexto da garantía xuvenil.

3. Obxectivo específico 8.2.2. Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

4. Medida 8.2.2.8. Programa de axudas para proxectos de mobilidade dirixido á mocidade para a realización de prácticas formativas en empresas/entidades de países europeos, de modo que complementan a súa competencia profesional e persoal, incrementando así as súas posibilidades de inserción laboral.

Así mesmo, estas axudas enmárcanse na convocatoria coordinada de mobilidade transnacional xuvenil a nivel europeo liderada polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña, elaborada no seo da TNL mobility http://www.tln-mobility.eu/EN/Home/home.html.

Os programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais dos/das mozos/as constitúe unha das medidas incluídas na liña de actuación principal de mellora da empregabilidade e encádranse no catálogo de actuacións recollidas no Sistema nacional de garantía xuvenil, en diante SNGX, regulado na Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, modificada pola Lei 25/2015, do 28 de xullo, de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas da orde social, e polo Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do Sistema nacional de garantía xuvenil. A mobilidade, por tanto, ten un efecto positivo, tanto na formación como na adquisición de experiencia oportuna para a incorporación ao mercado de traballo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumenten a empregabilidade dos mozos e mozas.

O SNGX regúlase no título IV, capítulo I, da Lei 18/2014, do 15 de outubro, as súas actuacións diríxense a mozos e mozas maiores de 16 ou de 18 anos, segundo o procedemento de que se trate.

Deste xeito, no marco de implementación do SNGX, a Consellería de Política Social considera prioritario apoiar medidas que incrementen as oportunidades de emprego para os mozos e as mozas, medidas que deben complementar a súa competencia profesional e persoal, reducir os obstáculos lingüísticos e fomentar a súa autonomía persoal mediante a mellora da súa empregabilidade. Así, concíbese o Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa para a realización de prácticas formativas non laborais en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos, de modo que incrementen as posibilidades de inserción laboral.

Estas axudas estableceranse con cargo aos créditos que para cada ano se especifiquen na correspondente lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia e estarán cofinanciadas pola Iniciativa de emprego xuvenil, en adiante IEX e o Fondo Social Europeo, en adiante FSE. En cada convocatoria de axudas indicaranse as porcentaxes de cofinanciamento dos fondos europeos e os créditos consignados a cada procedemento, así como as aplicacións orzamentarias a que se imputan.

Estas axudas serán outorgadas en réxime de concorrencia competitiva, diferenciándose entre axudas de mobilidade individual para a mocidade, axudas a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro e axudas a proxectos de mobilidade presentados por entidades locais.

A presente orde é coherente coa normativa comunitaria, en particular co Regulamento (CE) 1303/2013 do Parlamento europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen as disposicións comúns relativas a Fondos Europeos e co Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento europeo e do Consello, do 17 de decembro relativo ao FSE, no eido da concesión e xustificación de axudas por medio dos custos simplificados, que ten por obxectivo a simplificación da xestión administrativa e das obrigas de xustificación impostas a beneficiarios e beneficiarias. Nas bases do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa recóllese a dita posibilidade establecendo as axudas en función do baremo estándar de custos unitarios, en adiante BECU, suxeitos ao réxime de custos simplificados.

Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en concreto, no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de axudas e subvencións; ao establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; ás disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; á Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; o Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006; a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020 e a Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Na súa virtude, e en uso das atribucións que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

RESOLVO:

TÍTULO I

Bases xerais reguladoras das axudas

CAPÍTULO I

Finalidade, ámbito e réxime das axudas

Artigo 1. Obxecto, finalidade e vixencia

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán os procedementos de concesión de axudas para os proxectos de mobilidade transnacional dirixidos á mocidade para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2018, con cargo ao POEX.

2. A finalidade do programa de mobilidade é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/das mozos/as inscritos/as no SNGX non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

3. A realización das prácticas formativas non laborais xerará o dereito a solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade, regulado na Orde do 26 de febreiro de 2015.

4. As bases específicas reguladoras de cada un dos procedementos incorporaranse como anexo-A desta orde, que forma parte integrante dela.

Artigo 2. Procedementos que regulan estas axudas

As axudas á mobilidade establecidas nesta orde regularanse a través dos seguintes procedementos:

a) BS324A: axudas individuais de mobilidade para a mocidade galega.

b) BS324B: axudas a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

c) BS324C: axudas para proxectos de mobilidade presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos segundo se indica no artigo 3 e, máis concretamente, no anexo-A, base 3ª.

Artigo 3. Persoas/entidades beneficiarias da subvención

1. As persoas e entidades beneficiarias desta subvención varían en función do procedemento de que se trate. Os requisitos para participar en cada un deles regúlanse no anexo-A:

a) BS324A. Mozos e mozas individualmente, inscritos no SNGX e que figuren como beneficiarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) BS324B. Entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da mocidade.

c) BS324C. Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

2. Serán excluídas as persoas e entidades solicitantes que se encontren nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas/entidades que non se encontren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 4. Destinatarios/as das prácticas formativas non laborais: participantes das mobilidades

1. As persoas destinatarias das mobilidades, ademais dos requisitos que poidan exixir os procedementos específicos destas bases reguladoras, deberán estar inscritos/as e figurar como beneficiarios/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e cumprir co establecido na Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficacia, e no Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do Sistema nacional de garantía xuvenil, entre outros:

a) Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

b) Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

c) Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

2. Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultasen beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.

Os requisitos establecidos neste artigo, agás o de idade, deberán cumprirse no momento da selección das persoas que participarán nas mobilidades.

Artigo 5. Financiamento

O orzamento máximo destas axudas fixarase en cada convocatoria detallando o importe asignado a cada procedemento nas aplicacións orzamentarias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, aprobadas pola Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Os importes de cada procedemento poderán ser incrementados ou minorados como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos destinados ao financiamento dos programas do Sistema nacional de garantía xuvenil, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 6. Criterios para o cálculo das axudas

Para o cálculo das axudas que regula esta orde, teranse en conta, ademais dos criterios enumerados no anexo-A, os que a seguir se relacionan:

a) Apoio á organización e execución da mobilidade que comprende a contribución aos custos soportados polas entidades en relación coas actividades que apoian a mobilidade, entre os cales se inclúen:

1º. Apoio a aspectos organizativos. Custos directamente relacionados coa organización das actividades de mobilidade: o proceso selectivo, a información e difusión da convocatoria, a preparación dos acordos, a xestión coas entidades socias de acollida –excepto os custos de viaxe e estadía–, a preparación pedagóxica e sociocultural e orientación laboral das persoas participantes, así como as necesidades especiais e o apoio lingüístico.

O apoio lingüístico terá a finalidade de mellorar o coñecemento da lingua que utilizarán os/as participantes para a realización da estadía formativa e terá unha duración mínima de 10 horas acreditadas por profesionais con indicación do nivel a que correspondan os contidos impartidos respecto do Marco común europeo de referencia das linguas (en diante, MCERL).

Son custos unitarios, baseados no número de participantes na mobilidade.

2º. Apoio á execución do proxecto que se divide en dous conceptos axudas para a entidade beneficiaria que envía o/a mozo/a que vai realizar as prácticas de mobilidade e axudas para a entidade socia de acollida das mobilidades destes mozos/as:

2º.1. Apoio para entidade beneficiaria de envío, que comprende: apoio para os gastos que soporten as persoas que as entidades beneficiarias designen como responsables do proxecto e/ou como mentor/es das mobilidades, no relativo á busca de novos socios; sinatura de acordos de acollida, supervisión e seguimento dos participantes e preparación de disposicións eficientes de titoría. Son custos elixibles, polo tanto: os gastos da viaxe ao país ou países de destino, o transporte local no dito país, os gastos de aloxamento e manutención e os seguros de accidentes e responsabilidade civil e sanitarios.

Trátase de custos unitarios e variarán en función do número de países de destino, o número de mobilidades e a súa duración. En cada convocatoria de axudas indicaranse o número máximo de viaxes que poderá facer cada mentor e/ou representante, así como o número máximo de estadías subvencionables.

2º.2. Apoio para a entidade socia na acollida, que inclúe: o apoio para os gastos que realice a entidade socia de acollida no país de realización das prácticas. Son gastos elixibles os custos administrativos, os derivados da contratación do titor de acollida, as actividades pedagóxicas e formativas durante a estadía, os custos de asesoramento para a redacción e tradución de documentación vinculada co proxecto. Estas axudas baséanse en custos unitarios diarios que dependerán da duración das mobilidades e do número de países de destino. Cada convocatoria establecerá o número máximo de días subvencionables.

A entidade socia de acollida non poderá ser entidade/empresa na cal realicen as prácticas formativas non laborais os mozos e mozas participantes da entidade socia de envío. A entidade socia de acollida deberá xestionar conxuntamente coa entidade beneficiaria de envío as mobilidades segundo as condicións establecidas no anexo IV.

b) Gastos para a realización das prácticas formativas non laborais, inclúe: aloxamento e manutención das persoas participantes, viaxe ao país de destino, trasporte local e seguro de accidentes e responsabilidade civil, así como o seguro médico. Determínase en custos unitarios, segundo o lugar de realización das prácticas.

Non serán obxecto de axuda os días de viaxe (ida e volta) do participante.

c) Apoio lingüístico, que comprende os custos relacionados co apoio ás persoas beneficiarias de axudas individuais (antes da súa partida ou durante á súa estadía) co fin de mellorar o seu coñecemento da lingua que utilizarán para a realización da estadía formativa. Trátase de custos unitarios por cada beneficiario/a.

O apoio lingüístico refírese a unha formación en lingua estranxeira que require dun mínimo de 10 horas acreditadas por profesionais, con indicación do nivel a que correspondan os contidos impartidos respecto do MCERL.

Artigo 7. Incompatibilidades das axudas

Non se poderá participar en máis dunha mobilidade a cargo deste programa no mesmo ano, referida aos tres procedementos previstos. Ademais, estas axudas son incompatibles con calquera outro tipo de axudas ou bolsas de institucións públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades similares coa mesma finalidade.

A incompatibilidade aplícase desde a data de publicación da adxudicación definitiva da axuda ata a data de finalización da mobilidade establecida na presente convocatoria.

CAPÍTULO II

Solicitudes, documentación e procedemento de concesión

Artigo 8. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes de axudas reguladas nos distintos procedementos desta orde deberán formalizarse por separado para cada un deles, no modelo de solicitude sinalado para cada procedemento no anexo-A, e estarán dirixidas á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

2. As solicitudes de axudas individuais (procedemento BS324A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou o sistema de identificación con usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. As entidades locais (BS324C) e as entidades sen ánimo de lucro (BS324B) presentarán as súas solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou o sistema de identificación con usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. A presentación da solicitude implica a aceptación das bases.

Artigo 9. Documentación complementaria necesaria para tramitar os procedementos

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación indicada no anexo-A para cada un dos distintos procedementos.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, poderán presentar, opcionalmente, a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante, cando o representante sexa unha persoa xurídica

e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Resolución de dúbidas

1. Para resolver as dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal.

2. Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas:

– Para axudas individuais de mobilidade, galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal

– Para axudas a proxectos de mobilidade, galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.gal

Artigo 14. Emendas e defectos

Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado requiriralle ao mozo/a ou á entidade solicitante que nun prazo de dez días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Se non o fai, de acordo co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o seu expediente, logo de resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 15. Comisión de avaliación

1. A comisión de avaliación será única para todos os procedementos regulados nesta orde e estará integrada polos/as seguintes membros:

Presidente/a: a persoa titular da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude ou persoa en quen delegue.

Secretario/a: un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Vogais:

A persoa titular da xefatura de Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil.

O/a xefe/a de Sección de Programas Europeos.

Un/unha técnico/a da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

2. Esta comisión poderá adoptar validamente os seus acordos sempre que asistan a ela a persoa que exerce a presidencia, ou persoa en quen delegue, 2 vogais e o secretario ou secretaria. Se por calquera motivo, no momento en que a comisión de avaliación teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puidese asistir, será substituída polo funcionario ou a funcionaria que para o efecto designe a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

3. A comisión de avaliación realizará un informe por procedemento e neles constará o resultado da avaliación e a prelación dos proxectos por orde decrecente de puntuación. Os ditos informes serán elevados ao órgano instrutor.

Artigo 16. Instrución

A instrución de todos os procedementos regulados nesta orde correspóndelle á Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e levarase a cabo conforme o estipulado no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 17. Criterios obxectivos de adxudicación das subvencións

1. O procedemento de concesión das axudas será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

2. Os criterios de valoración das solicitudes serán os recollidos para cada procedemento no anexo-A. Como resultado da aplicación dos criterios de valoración obterase unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de beneficiario ou beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas.

Artigo 18. Proposta de resolución

1. O órgano instrutor, á vista dos expedientes e dos informes da comisión de avaliación, elevará ao órgano competente para resolver as propostas de resolución das axudas de cada procedemento.

a) As persoas ou entidades solicitantes para as cales se propón a concesión da axuda. Esta concesión efectuarase, consonte a orde de prelación establecida no informe da comisión de avaliación, ata esgotar o crédito orzamentario correspondente en cada caso.

b) O importe da axuda concedida a cada beneficiario/a.

c) As persoas ou entidades solicitantes para as cales se propón a denegación da axuda e os motivos da denegación.

2. En cada convocatoria, as persoas ou entidades solicitantes que non sexan propostas como adxudicatarias inicialmente por esgotarse o crédito orzamentario correspondente pasarán a conformar unha lista de reserva, que formará igualmente parte da proposta de resolución no procedemento que corresponda, coa finalidade prevista no punto 4.

3. As relacións provisionais de persoas/entidades excluídas, a de admitidas (beneficiarias e mais a lista de espera), coa puntuación obtida e a axuda concedida serán publicadas na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.gal e tamén en http://garantiaxuvenil-des.conselleriadefacenda.gal/. As persoas e entidades interesadas terán o prazo dos 5 días hábiles posteriores á data da exposición pública da relación provisional para efectuar as reclamacións que consideren oportunas dirixidas ao correo electrónico galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal, galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.gal. As ditas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva.

4. En cada convocatoria, no caso de se produciren renuncias a estas axudas por parte das persoas ou entidades beneficiarias, o órgano instrutor poderá realizar, se o considera oportuno, novas propostas de resolución de concesión destas aos beneficiarios e beneficiarias incluídos/as na lista de reserva correspondente, con atención rigorosa á orde establecida nela, e sempre que exista crédito adecuado e suficiente.

Así mesmo, e nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, o órgano instrutor proporá novas concesións de axudas á solicitude ou solicitudes seguintes na orde de puntuación, sen necesidade dunha nova convocatoria.

5. Desde o 1 de setembro do ano da convocatoria de axudas, malia a existencia das listas de espera, non se realizarán novas propostas de resolución, co fin de que se poidan rematar as mobilidades obxecto desta orde no prazo máximo previsto.

Artigo 19. Resolución

1. O órgano instrutor elevará a proposta de resolución definitiva á persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quen por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e logo da fiscalización da Intervención Delegada, ten a competencia para adxudicar axudas ditando e notificando a correspondente resolución no prazo de catro meses desde a publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente.

2. A resolución de concesión fixará expresamente:

a) O importe concedido.

b) A duración de cada mobillidade.

c) A finalidade da axuda.

d) A totalidade das obrigas que contraen os/as beneficiarios/as, recollidas no documento que estableza as condicións de axuda, en diante modelo DECA, que se publicará con cada resolución.

e) Farase referencia ao cofinanciamento pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo e a porcentaxe de cofinanciamento, dentro do POEX, no eixe prioritario 5, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.2, medida 8.2.2.8: Programa de axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido á mocidade para realizar prácticas formativas non laborais en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos.

3. A notificación da resolución realizarase de acordo co establecido no artigo 11 e ao mesmo tempo publicarase na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.xunta.gal, e tamén en http://garantiaxuvenil-des.conselleriadefacenda.gal/.

Tras a publicación da resolución definitiva porase á disposición dos/as beneficiarios/as, mediante correo electrónico, un cuestionario en formato electrónico cos datos relativos aos indicadores de produtividade, recollidos na aplicación informática Participa 1420, que require o POEX, de entre os relacionados no anexo IX, consonte o establecido nos anexos I e II do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

4. Publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a relación definitiva de persoas beneficiarias da subvención, excluídas e en lista de agarda.

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través das páxinas web indicadas no parágrafo anterior.

5. Para dar cumprimento aos requisitos de información e comunicación previstos nos anexos I e II do Regulamento (UE) 1304/2013 proporciónase a aplicación informática Participa 1420, que permite o rexistro dos indicadores comúns e específicos, tanto de productividade como de resultado inmediato e a longo prazo, garantindo a integridade dos datos e a depuración automática da información.

A entidade beneficiaria adquirirá a condición de intermediaria colaboradora. Para estes efectos, colaborará no rexistro de participantes e a súa asociación á operación que desenvolven e na xestión da recollida da información requirida sobre os participantes. Así mesmo, a entidade beneficiaria deberá asociarse a si mesma como un participante (entidade) na operación para proporcionar a información recollida no cuestionario de productividade sobre entidades requirida pola normativa aplicable.

6. A Consellería de Política Social reserva para si o dereito de controlar e comprobar a execución desta axuda cando o considere conveniente, así como de divulgar e de dar a coñecer publicamente as actividades subvencionadas.

7. Sen prexuízo do previsto no artigo 26, toda alteración das condicións tidas en conta para conceder a axuda ou subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, ao seu reintegro.

8. A resolución ditada neste procedemento pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da resolución, se o acto fose expreso; se o acto non fose expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, ante o mesmo órgano que as ditou, ou ser impugnadas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa no prazo de dous meses, se o acto é expreso, e de seis meses, se é presunto, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución ou do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

Artigo 20. Efectividade da resolución

1. A resolución comprenderá o acto de outorgamento da axuda, que será efectiva desde o día seguinte ao da súa publicación. Malia isto, a efectividade da resolución estará condicionada a que o/a beneficiario/a a acepte expresamente e concrete a entidade/empresa de realización da práctica (procedemento BS324A) ou a entidade socia de acollida (procedementos BS324B e BS324C), mediante a entrega da documentación que corresponda a cada procedemento na forma sinalada no artigo 8, nos seguintes prazos:

a) No prazo de 10 días hábiles, o anexo III cuberto, onde se acepte ou renuncie á axuda. Se o/a beneficiario/a acepta a axuda marcará o cadro correspondente e indicará o número de conta bancaria de que sexa titular, co código IBAN.

No caso de solicitar o anticipo previsto no artigo 23.2, terá que indicalo no mesmo anexo III marcando o cadro previsto para o efecto.

b) No prazo común de 20 días hábiles, e sempre que non o presentasen xa con anterioridade, remitirán por correo electrónico:

1º. As persoas beneficiarias que presentaron solicitude individual de mobilidade (dirixido a galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal): o anexo IV-A ou compromiso da empresa/entidade de prácticas. O anexo deberá estar asinado pola persoa responsable da empresa/entidade.

2º. As entidades que presentaron proxectos de mobilidade (dirixido a galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.gal): o acordo entre a entidade concesionaria da subvención e a entidade socia na acollida das mobilidades, debidamente cuberto e selado por ambas partes, onde conste o compromiso para realizar as prácticas e o número máximo de persoas que se poden beneficiar, segundo o modelo establecido no anexo IV.

2. Os prazos para presentar a documentación exixida en cada procedemento comezarán a contar desde o día seguinte á publicación da resolución definitiva de beneficiarios/as na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Para os/as beneficiarios/as das axudas que non presenten en prazo e forma os anexos III e IV, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado declarará a perda do dereito á axuda, logo de resolución ditada nos termos do artigo 21, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que esta declaración dea lugar a ningún tipo de dereito indemnizatorio para a persoa ou entidade interesada. A resolución en que se declare a perda do dereito publicarase na páxina web http://xuventude.xunta.gal e tamén en http://garantiaxuvenil-des.conselleriadefacenda.gal/.

3. No caso de mobilidades individuais, os mozos e mozas beneficiarios/as serán convocados/as mediante correo electrónico a unhas sesións formativas correspondentes sobre o programa de mobilidade, previas ao inicio da realización das prácticas, que serán de asistencia obrigatoria, agás xustificación motivada por escrito.

4. Os mozos e mozas beneficiarios e as entidades beneficiarias deberán cubrir o cuestionario de indicadores de productividade no prazo de 10 días hábiles desde que o referido cuestionario estea á súa disposición a través da aplicación Participa1420.

Artigo 21. Publicidade das subvencións

1. Tal como se recolle no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, indicación da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputan, os/as beneficiarios/as, a cantidade concedida e a finalidade da subvención.

Ademais da información que debe facerse pública segundo a normativa básica en materia de transparencia, o órgano convocante suxeitarase ao cumprimento do establecido no artigo 17 da Lei 1/2016, do 28 de xaneiro.

2. O nome das entidades beneficiarias será publicado na lista de operacións do POEX prevista no artigo 115 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao FSE e outros fondos.

3. Os/as beneficiarios/as das axudas concedidas incluiranse no Rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios e mais no de Sancións, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2006.

CAPÍTULO III

Xustificación e pagamento das axudas

Artigo 22. Xustificación da axuda

1. Finalizada a estadía para realizar as prácticas formativas non laborais, as persoas e as entidades beneficiarias procederán á xustificación da axuda concedida, mediante a presentación na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da documentación que se indica para cada procedemento no anexo-A.

Os órganos competentes da Consellería de Política Social poderán solicitar as aclaracións ou informes dos medios de xustificación que consideren oportunos.

2. En cada un dos procedementos regulados nesta orde fixarase o prazo máximo para presentar a xustificación das axudas concedidas. Transcorridos os prazos máximos sen ter presentado perante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a dita xustificación, esta requirirá as persoas ou entidades beneficiarias para que no prazo improrrogable de 10 días a presenten. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención e a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, polo que o órgano competente para resolver ditará resolución para o efecto, que será notificada aos/ás interesados/as.

A presentación da xustificación no prazo adicional establecido no parágrafo anterior non eximirá a beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

3. Sen prexuízo do establecido no número precedente, a xustificación dos custos unitarios establecidos nesta orde, con base na súa consideración de custos simplificados, realizarase en función da xustificación das mobilidades efectivamente realizadas aos países de acollida das prácticas e da comprobación da realización das prácticas formativas non laborais nestes países, conforme a regulación de custos simplificados estipulada no artigo 14 do Regulamento (UE) 1304/2013, no artigo 67.1.b) e 131.2 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desarrollo Regional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Artigo 23. Pagamento da axuda

1. Unha vez recibida e comprobada a documentación xustificativa poderase proceder ao pagamento da axuda concedida. No caso de que o gasto certificado sexa inferior ao orzamento da axuda e no caso de incumprimento de obrigas, a contía da axuda será minorada de maneira proporcional e seguindo os criterios sinalados no artigo 26.

2. De acordo co previsto nos números 1 e 3 do artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, faránselles pagamentos anticipados do gasto consistentes no 80 % da subvención concedida, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, a aquelas persoas ou entidades beneficiarias que o soliciten expresamente, unha vez publicada a concesión da axuda, na forma e no prazo establecidos no artigo 20. O pagamento do 20 % restante do importe adxudicado realizarase tras a presentación da xustificación final da axuda.

3. Non poderán realizarse pagamentos da subvención, de acordo co artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en canto o/a beneficiario/a non se encontre ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, teña pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedor/a por procedencia de reintegro.

4. No caso de que se produzan reducións na duración das prácticas ou no número de mobilidades, respecto da concesión inicial, procederase á redución proporcional da subvención concedida.

CAPÍTULO IV

Obrigas, incumprimento e reintegro

Artigo 24. Obrigas dos/das beneficiarios/as

1. As persoas/entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais de cumprir as obrigas establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral a axudas e subvencións públicas, deberán:

Realizar as mobilidades para as cales se concede a subvención, de conformidade coas disposicións previstas nesta orde e nas resolucións, instrucións ou circulares que a desenvolvan.

Acreditar ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Política Social e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como o Tribunal de Contas, as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do FSE e da IEX, que poderán comprender as oportunas visitas sobre o terreo e as que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.

Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado calquera modificación das condicións tidas en conta para conceder a subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos/as beneficiarios/as e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

Cumprir cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo FSE e a Iniciativa europea de garantía xuvenil, de conformidade co establecido no artigo seguinte.

Así mesmo, deberán subministrar á Administración concedente a información necesaria ao abeiro do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 8 de xaneiro.

2. As obrigas específicas segundo o tipo de beneficiarios/as e para cada un dos tres procedementos establécense no anexo-A.

Artigo 25. Obrigas das entidades beneficiarias relativas ao cofinanciamento por parte da Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo

Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados polo FSE ao abeiro do POEX para o período 2014-2020, mediante as subvencións reguladas nesta orde a entidade beneficiaria deberá someterse, segundo a normativa europea que resulte de aplicación, ao cumprimento das seguintes obrigas:

a) Respectar as normas de subvencionabilidade do gasto financiado polo FSE, reguladas mediante os artigos 69 e 125 do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 decembro, o artigo 13 do Regulamento (UE) 1304/2013, do 17 de decembro, así como as que se diten no seu desenvolvemento para o período 2014-2020 e a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE durante o período de programación 2014-2020.

b) Cumprir coas medidas de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, en concreto:

1º. Para os efectos de difusión pública, deberán identificar convenientemente as actividades e servizos que desenvolva o proxecto subvencionado, especialmente a través de publicidade estática realizada por medio de carteis (tamaño mínimo A3) ou paneis que, colocados en lugar visible, informarán do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, financiado pola Unión Europea a través do FSE, POEX e do portal web do SNGX.

2º. Así mesmo, as persoas destinatarias serán informadas das mobilidades de que o programa Galeuropa está cofinanciado pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social), pola IEX e o FSE, así como da finalidade da subvención, e figurarán todos os emblemas nas comunicacións. Tamén deberán facer unha breve descrición da operación na súa páxina web; destaca o apoio financeiro da Unión Europea.

c) Relacionadas cos sistemas de xestión e control e sen prexuízo da obriga de xustificación das subvencións percibidas nos termos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e na presente norma, deberán:

1º. Manter un sistema de contabilidade separada ou unha codificación contable adecuada de todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionados polo FSE e a IEX.

2º. Manter unha pista de auditoría suficiente e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os tres anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de acordo co establecido no artigo 140.1 do Regulamento 1303/2013. A data de certificación dos gastos á Comisión Europea será oportunamente publicada no Diario Oficial de Galicia.

3º. Realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao FSE. Os indicadores de produtividade e os de resultado inmediato serán formalizados polas entidades e mozos/as beneficiarios/as nos 10 días seguintes á posta á súa disposición a través da aplicación Participa 1420.

Artigo 26. Incumprimento de obrigas. Reintegro da subvención

1. O incumprimento total ou parcial por parte do/da beneficiario/a das obrigas establecidas nesta orde, así como na demais normativa aplicable e, con carácter xeral, nas axudas e subvencións públicas que se outorguen con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, orixinará o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de axudas ou subvencións máis os xuros de demora nas condicións e de conformidade co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo do establecido no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2. De conformidade co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, o importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

a) Incumprimento das condicións exixidas para conceder a axuda, á persoa beneficiaria, no caso de solicitudes individuais, e ás entidades beneficiarias, noutro caso: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

b) Non realizar a actividade obxecto de subvención ou adoptar un comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da subvención: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

c) Incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixida para xustificar os gastos: no caso de que non se presente ningunha documentación, procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable. No suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de presentación de documentación incorrecta, o importe que reintegrará será proporcional ao gasto non xustificado.

d) Incumprimento da obriga de presentar a certificación das prácticas formativas non laborais achegando o anexo V, debidamente cuberto e asinado, así como a proba documental de asistencia diaria ás prácticas: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non se certifiquen.

e) Incumprimento da obriga de devolver cubertos á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado os cuestionarios cos datos relativos aos indicadores de produtividade e de resultados que se lles soliciten: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non acheguen os ditos datos.

f) Incumprimento da obriga de acreditar a cobertura de seguros de responsabilidade civil e de accidentes, así como a asistencia sanitaria durante o período de duración das prácticas:

Reintegro do 2 % do gasto subvencionable se o incumprimento afecta algún dos seguros.

Reintegro do 1 % do gasto subvencionable se o incumprimento afecta días dalgún dos seguros.

g) Incumprimento das obrigas das entidades beneficiarias en materia de publicidade establecidas no artigo 25: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

h) Incumprimento da obriga das entidades beneficiarias de manter un sistema de contabilidade separada prevista no artigo 25: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

i) Incumprimento da obriga das entidades beneficiarias de manter unha pista de auditoría suficiente prevista no artigo 25: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

j) Incumprimento do horario.

Descontarase un 1 % do gasto subvencionable da axuda concedida por cada hora de ausencia respecto das mínimas establecidas en cada procedemento. No caso de non realizar parte das horas mensuais por causa xustificada e acreditada, as primeiras 10 horas non serán obxecto de reintegro ningún.

Estas porcentaxes só se aplicarán no caso de que exista un incumprimento horario sen que supoña falta de asistencia diaria á practica.

k) Falta de asistencia.

Cando se produza unha falta de asistencia á práctica e cando os/as participantes nas mobilidades abandonen ou interrompan as mobilidades, procederá o reintegro da axuda proporcional ao número de días de prácticas deixados de realizar.

Poderán ser exceptuados das obrigas de reintegro por faltas de asistencia nos casos debidamente documentados e se en conformidade coa empresa recupera os días de non asistencia antes de finalizar o período de prácticas.

Así mesmo, serán exceptuados da obriga de reintegro por falta de asistencia ata un máximo de 3 días no caso de enfermidade común acreditada co correspondente informe médico; estes 3 días deberán ser recuperados en horas, en conformidade coa empresa, antes de finalizar o período de prácticas.

Considérase causa xustificada, en todo caso, a entrevista laboral ou a sinatura dun contrato de traballo, a concesión dunha bolsa de traballo ou de estudos, a realización de exames de estudos oficiais, a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte ou hospitalización dun familiar de ata 2º grao, e outra causa xustificada non imputable á persoa beneficiaria.

l) O incumprimento por parte das entidades beneficiarias da obriga de realizar a xornada de orientación laboral co fin de facilitar a inserción laboral dos/das mozos/as participantes unha vez rematadas as prácticas formativas non laborais e antes do vencemento do prazo de xustificación dará lugar ao reintegro dun 10 % do total da axuda.

m) No caso de que as persoas participantes non observen un código ético de conduta durante a mobilidade e incumpran o establecido na letra g), número 6, base 1ª, anexo-A, logo de dar audiencia á persoa interesada e á vista do informe conxunto da persoa que titoriza as prácticas na empresa/entidade e da persoa representante dela, e por proposta da entidade beneficiaria, cando proceda, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá ordenar a cancelación das prácticas.

n) Polo envío de participantes ás mobilidades sen obter da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a verificación de que efectivamente están inscritos/as no ficheiro do SNGX e figuren como beneficiarios/as: reintegro das axudas de cada participante que non fose obxecto de verificación.

o) Se durante a execución do programa a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten constancia de que o/a beneficiario/a obtivo outras axudas para a mesma actividade, ordenará o reintegro das cantidades percibidas indebidamente, sen prexuízo das sancións que puideran corresponder.

3. A declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulabilidade da resolución de concesión por concorreren as causas previstas nos artigos 47 e 48 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando concorra algunha das causas de reintegro antes referidas, comportará a obriga de devolver as cantidades percibidas.

4. As cantidades que se deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e resultará de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 a 23 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 27. Devolución voluntaria da axuda

De acordo co establecido no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas e mais as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta operativa do Tesouro da Xunta de Galicia ES82 2080 0300 87 3110063172 en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un escrito de devolución voluntaria da axuda e unha copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número de expediente e denominación da subvención concedida.

CAPÍTULO V

Avaliación, seguimento e control

Artigo 28. Asistencia, seguimento e avaliación

1. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude, é o órgano encargado de realizar as tarefas de supervisión, coordinación, asistencia técnica, seguimento e control da xestión dos proxectos, así como das axudas e subvencións concedidas.

2. Ademais de tramitar e resolver o expediente de solicitude e de transferir os fondos correspondentes, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude, realizará as seguintes actuacións:

a) Asistencia, apoio e asesoramento técnico e administrativo ás persoas no caso de mobilidades individuais, e asistencia, apoio e asesoramento ás entidades promotoras dos proxectos, tanto na preparación do proxecto como no seu desenvolvemento e na realización das mobilidades para as cales se concede a axuda, para os efectos de conseguir o éxito do proxecto: creación de emprego, cualificación, adquisición de experiencia e inserción laboral.

b) Seguimento da xestión:

1º. No caso de entidades, obtendo das persoas responsables dos proxectos a información referente ás mobilidades que están a realizar, en canto ás datas de realización, as persoas que titorizan as prácticas, o persoal de apoio e calquera outro dato que se considere de interese para o seguimento puntual da xestión, especialmente daqueles que serviron de base para conceder a subvención.

2º. No caso das persoas beneficiarias individuais, estas serán titorizados polo persoal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

c) Control das axudas concedidas e liquidación do expediente.

d) Control dos resultados obtidos, segundo o establecido no artigo seguinte.

Artigo 29. Control dos resultados obtidos

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado levará a cabo un control dos resultados obtidos cos proxectos de mobilidade:

a) Nas mobilidades individuais, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizará as seguintes actuacións:

1º. Convocará as persoas beneficiarias das axudas a unha xornada formativa, de seguimento das actuacións de orientación laboral co fin de facilitar a súa inserción laboral, que terá lugar no prazo máximo de 6 semanas desde o remate da última mobilidade individual. A asistencia á dita xornada será obrigatoria para todos/as, agás causa xustificada debidamente motivada por escrito, tales como: enfermidade da persoa beneficiaria, enfermidade ou falecemento dun familiar directo, cita médica especializada programada, entrevista de traballo, asistencia a exames. Outras causas xustificadas serán avaliadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

2º. Porá á disposición dos/das beneficiarios/as, mediante correo electrónico, un cuestionario en formato electrónico, a través da aplicación informática Participa 1420, cos datos relativos aos indicadores de resultados inmediatos que procedan de entre os que constan no anexo IX, coa obrigatoriedade de devolvelo cuberto coa totalidade de datos no prazo de 10 días hábiles desde a súa posta á disposición.

3º. No prazo de 6 meses desde o remate do período de realización das mobilidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá requirir a actualización destes datos, coa finalidade de cubrir os indicadores de resultado a longo prazo que se reflicten no anexo IX desta orde.

b) Nos proxectos de mobilidades das entidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizará as seguintes actuacións:

1º. Antes de rematar o período de realización do proxecto porase á disposición dos/das participantes no dito proxecto de mobilidade de cada entidade, mediante correo electrónico e a través da aplicación informática Participa 1420, un cuestionario mediante o cal se lles solicitarán os datos relativos aos indicadores de resultados inmediatos que procedan de entre os que constan no anexo IX. As entidades terán a obriga de colaborar coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para que no prazo máximo de 4 semanas desde o remate do período de realización do proxecto os/as participantes do seu proxecto de mobilidade envíen debidamente cuberto o mencionado cuestionario, so pena de reintegro do 2 % do gasto subvencionable no caso de incumprimento.

2º. No prazo de 6 meses desde o remate do período de realización das mobilidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá requirir a actualización destes datos, coa finalidade de cubrir os indicadores de resultado a longo prazo que se reflicten no anexo IX.

CAPÍTULO VI

Proxectos subvencionables das entidades (procedementos BS324B e BS324C)

Artigo 30. Persoas destinatarias dos proxectos. Convocatoria e selección

1. Serán destinatarios/as dos proxectos os mozos e as mozas que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 4 desta orde e teñan 18 anos feitos no último día de presentación de solicitudes.

2. Será responsabilidade das entidades obter con carácter previo á realización das mobilidades a verificación por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado de que cada participante seleccionado/a pola entidade está inscrito/a no ficheiro do SNGX e figura como beneficiario/a.

3. Para garantir os principios de publicidade, igualdade e libre concorrencia, os extractos da convocatoria dos proxectos de mobilidade de todas as entidades beneficiarias serán publicados na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.gal, e na páxina de garantía xuvenil http://garantiaxuvenil-des.conselleriadefacenda.gal/. Para tal efecto, no prazo dos 5 días seguintes á publicación da resolución de concesión das axudas, as entidades beneficiarias enviarán a galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.gal un extracto da convocatoria á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que conterá como mínimo: o lugar e o prazo de presentación de solicitudes, que será como mínimo de 10 días e como máximo de 1 mes, os destinos das mobilidades e un teléfono ou correo electrónico de contacto.

Ademais, as entidades deberán publicar a convocatoria do proxecto de mobilidade nalgún dos seguintes medios: páxina web, redes sociais ou radio/prensa local. Nos concellos deberá publicarse tamén no taboleiro de anuncios:

4. A selección das persoas participantes nas mobilidades farase conforme os principios de publicidade e concorrencia competitiva entre persoas beneficiarias no ficheiro do SNGX.

O proceso selectivo que deberán realizar as entidades beneficiarias deberá seguir as seguintes normas:

a) Establecerase unha puntuación máxima de 9,5 puntos no proceso selectivo, tendo en conta uns criterios mínimos de avaliación, que son:

1º. Mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 2 puntos.

2º. A antigüidade no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma como persoa beneficiaria no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.

3º. Valorarase a maior idade fronte á menor, tendo en conta a idade no día que finalice o prazo de presentación de solicitudes: ata 1,40 puntos, distribuídos do seguinte xeito:

Maiores de 28 anos: 1,40 puntos.

De 26 a 27 anos: 1,20 puntos.

De 24 a 25 anos: 1 punto.

De 22 a 23 anos: 0,80 puntos.

De 20 a 21 anos: 0,60 puntos.

De 18 a 19 anos: 0,40 puntos.

4º. Persoas en risco de exclusión social: 1,90 puntos.

b) No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:

1º. En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do punto precedente na mesma orde en que están establecidos.

2º. En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.

3º. Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.

Artigo 31. Requisitos dos proxectos

1. O proxecto deberá presentarse xunto coa solicitude no modelo normalizado que figura como anexo II desta orde e só se poderá presentar un proxecto por entidade solicitante. A duración máxima do proxecto será de 6 meses.

2. O número de mobilidades por proxecto será entre un mínimo de 4 e un máximo de 15, agás os proxectos conxuntos presentados nos supostos do número 1, base 3ª do anexo-A, que terán como máximo 20 mobilidades. Un mesmo proxecto pode realizar mobilidades en varios países, cun máximo de 3, sempre e cando para cada país se seleccione un mínimo de 4 participantes.

3. As mobilidades dun proxecto poderán ser realizadas en distintos fluxos, cun mínimo de 4 participantes por fluxo; non obstante, todas as mobilidades dun mesmo proxecto deberán ter a mesma duración, agás causa debidamente xustificada.

Con carácter excepcional e por causa debidamente xustificada, as mobilidades dun proxecto poderán ser dun mínimo de 3 participantes por fluxo.

Con carácter excepcional, debidamente xustificado, admitirase cambio de país de realización das prácticas para un de igual ou menor importe, pero nunca para un país que xa está solicitado no mesmo proxecto.

4. Os requisitos mínimos que deben cumprir os proxectos para poder participar son:

a) Requisitos mínimos en recursos humanos. Cada proxecto debe contar:

1º. Cunha persoa responsable do proxecto, que o coordine e xestione durante toda a súa duración.

2º. Cunha persoa que exerza a figura de mentor e que se ocupe da formación dos/das participantes nas mobilidades e que titorice, xunto coa persoa da entidade socia de acollida, as estadías e as prácticas formativas non laborais. As funcións de responsable do proxecto e de mentor poden ser realizadas pola mesma persoa. En calquera caso e para desempeñar calquera das dúas tarefas requírese que a persoa teña titulación adecuada e/ou experiencia mínima dun ano no ámbito da mocidade e do emprego.

3º. Requírese un mínimo de dedicación do mentor ao proxecto, obriga que deberá cumprirse en todas as fases do proxecto:

3º.1. Unha xornada completa (37 horas e media semanais) para un número de mobilidades entre 12 e 15.

3º.2. Media xornada para un número de mobilidades entre 8 e 11.

3º.3. Un cuarto de xornada para un número de mobilidades entre 4 e 7.

b) Requisitos mínimos para a preparación lingüística. A preparación lingüística deberá ser como mínimo de 10 horas e pode ser na lingua do país de destino ou na lingua en que se desenvolvan as prácticas formativas. Esta preparación lingüística poderase realizar no país de orixe ou no país de realización da práctica formativa e deberá ser impartida por profesionais.

c) Como mínimo para a titorización, apoio e seguimento das mobilidades, designarase un mentor na entidade beneficiaria, que realizará as funcións de seguimento das estadías e as prácticas formativas non laborais (función que pode ser compartida co mentor designado pola organización de acollida das prácticas).

d) Cada entidade beneficiaria contará cunha entidade socia de acollida en cada país de destino. Sinalaranse as tarefas que realizarán as organizacións de acollida, con nomeamento expreso do/dos mentor/es.

e) A entidade beneficiaria de envío deberá realizar por si mesma a actividade subvencionada, sen que caiba a subcontratación. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para realizar por si mesmo a actividade subvencionada.

Artigo 32. Obxectivos dos proxectos subvencionables

Os proxectos de mobilidade desenvolverán accións encamiñadas a conseguir algún dos seguintes obxectivos:

a) Mellorar o nivel de aptitudes e competencias clave dos/das participantes.

b) Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/das mozos/as non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

c) Contribuír a facilitar aos mozos e mozas o seu acceso ao mercado de traballo, reducir os obstáculos lingüísticos e fomentar a súa autonomía persoal mediante a mellora da súa empregabilidade.

d) Potenciar os programas de educación non formal para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axuden a completar o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Artigo 33. Fases e contido dos proxectos de mobilidade

1. Os proxectos de mobilidade constarán de 3 fases:

a) Organización e planificación: inclúe a convocatoria para a selección das persoas participantes, que será obxecto de publicidade, o proceso selectivo e a preparación sociolingüística e intercultural, ademais da busca do/dos socio/s de acollida. Inclúe tamén a organización e preparación da mobilidade, en canto a organización da viaxe e aloxamento das persoas participantes e a busca da empresa de prácticas adecuadas ás necesidades dos participantes.

b) Execución e seguimento das actividades de mobilidade: realización das estadías de prácticas formativas non laborais en empresas/entidades de países de Europa e seguimento durante a súa realización; titorización das prácticas e realización de itinerarios personalizados de inserción dos/das participantes.

c) Avaliación e seguimento posterior á realización das prácticas formativas non laborais: inclúe a avaliación dos resultados de aprendizaxe obtidos polos participantes durante a actividade. Suporá a realización, como mínimo, dunha xornada de orientación laboral co fin de facilitar a súa inserción laboral, antes do vencemento do prazo de xustificación da axuda e o seguimento e o apoio a participantes, por un período mínimo de 6 meses unha vez finalizadas as prácticas.

2. As tres fases teñen que estar interrelacionadas e reflectidas na estrutura dos proxectos para asegurar que cada unha recibe a atención explícita para maximizar a efectividade da mobilidade transnacional dos participantes.

3. Os proxectos deberán expresar con claridade, segundo o modelo do anexo II:

a) A idade das persoas participantes nas mobilidades.

b) Unha breve descrición das distintas fases do proxecto.

c) A duración total do proxecto, que comprende desde a fase de preparación da convocatoria ata a avaliación, a duración das prácticas formativas non laborais e os fluxos, se os houber.

d) O número de mobilidades que se van desenvolver, coa previsión de discapacidades para as cales se solicita a axuda.

e) Os países onde se realizarán as mobilidades, ata un máximo de 3.

f) O número de horas formativas por mensualidade.

g) O número de horas totais da preparación lingüística.

h) Os medios humanos que se dedicarán ao proxecto:

1º. No caso de que a entidade conte con medios humanos propios expresarase o nome ou nomes da persoa responsable do proxecto e/ou do/dos mentor/es, con indicación da súa titulación ou experiencia e a xornada semanal que desenvolverán (xuntarase ao proxecto a certificación destes datos nos termos establecidos no número 2 das bases 2ª e 3ª do anexo-A).

2º. No caso de que a entidade non teña medios humanos suficientes, expresarase o número de persoas que se contratarán con indicación da xornada que desenvolverán e o compromiso expreso de enviar a certificación indicada no parágrafo anterior en canto se realice a contratación.

i) Cando se presenten acordos con entidades socias de acollida xunto coa solicitude, indicaranse o nome do socio de acollida en cada país, con indicación das tarefas que desenvolverán e a designación do mentor.

j) Delimitar as medidas de titorización e apoio que se levarán a cabo, marcando os cadros que correspondan entre as opcións do anexo II.

4. O contido dos proxectos deberá axustarse estritamente ao anexo II, que será o único documento que se teña en conta na valoración.

Artigo 34. Devolución de proxectos non subvencionados

1. As entidades solicitantes que resultasen non admitidas, as que renunciasen á axuda e aquelas que, sendo admitidas, non acadaron a puntuación mínima exixida nos proxectos para poder optar á subvención disporán dun mes de prazo, desde o día seguinte á publicación da resolución para retirar a documentación presentada, logo de solicitala mediante escrito dirixido á persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que será presentada seguindo as indicacións establecidas para as solicitudes de participación.

2. Así mesmo, a partir do 1 de setembro de cada ano de convocatoria, as entidades en lista de espera que non fosen propostas como beneficiarias tamén poderán retirar a documentación presentada, mediante solicitude no mesmo prazo dun mes desde esta data e do mesmo xeito expresado no punto anterior.

3. Transcorridos os prazos indicados nos parágrafos precedentes sen que se solicitase a documentación sinalada, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado arquivará o expediente.

TÍTULO II

Convocatoria da mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa para o ano 2018

Artigo 35. Convocatoria

Convócanse para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dentro do POEX, reguladas polas bases do título I.

Artigo 36. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Polo tanto, o día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.

Artigo 37. Duración das mobilidades e das prácticas formativas non laborais

1. O período de realización das prácticas formativas non laborais nas empresas ou entidades rematará en todo caso o 30 de novembro de 2018.

2. As mobilidades ou, de ser o caso, as prácticas poderán iniciarse desde o día seguinte da publicación da resolución definitiva de beneficiarios/as, toda vez que estes/as acepten a axuda e entreguen a documentación indicada no artigo 20. No caso das entidades será necesario ter realizado o proceso selectivo, logo da convocatoria coa debida publicidade, e que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado verificase que as persoas participantes no proxecto de mobilidade están inscritas no ficheiro do SNGX e figuren como beneficiarias.

3. Enténdese por período de mobilidade para os efectos da axuda o período de realización das prácticas formativas non laborais, xustificadas segundo o anexo V e o documento de asistencia diaria ás prácticas.

Para os efectos da axuda, non son subvencionables os días de viaxe (ida e volta) do participante.

4. As horas formativas terán unha duración mínima de 100 horas mensuais. Estas horas deberán acreditarse mediante unha proba documental de asistencia diaria ás prácticas formativas non laborais, na cal consten os días laborables da semana, a hora de entrada e saída e a sinatura da persoa participante e a persoa responsable de titorizar as prácticas na empresa, segundo o modelo do anexo V.

5. A duración das prácticas, agás causa xustificada, motivada por escrito, será como mínimo de 2 meses e máximo de 3. Os meses contarán de data a data desde o día de inicio das practicas, ao igual que o establecido no artigo 36.

Os meses de duración das prácticas serán consecutivos, agás períodos de peche da actividade das propias empresas/entidades onde se realicen as prácticas, caso en que procederá a interrupción polo tempo durante o cal permanezan inactivas, así como por causas debidamente xustificadas valoradas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O tempo de interrupción quedaría excluído do período de prácticas e non xeraría ningún dereito económico para os/as beneficiarios/as.

Artigo 38. Período do gasto subvencionable

Serán obxecto de subvención todos aqueles gastos que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 10 de decembro de 2018, e sempre que se realice o seu pagamento no mesmo período.

Artigo 39. Prazo de presentación da xustificación da axuda

As entidades beneficiarias das axudas deberán xustificar os gastos e os seus pagamentos conforme indican as bases reguladoras e a efectiva realización do obxecto da subvención, xustificando a realización das prácticas formativas non laborais, apoio lingüístico e demais conceptos subvencionables conforme a regulación de custos simplificados. O prazo máximo para xustificar será o 10 de decembro de 2018.

Artigo 40. Financiamento e normativa reguladora

1. Para o financiamento destas axudas existe crédito suficiente e adecuado na Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, cunha contía total de 2.512.627,00 euros (código de proxecto 2018 00053).

2. A distribución inicial de créditos fíxase do seguinte xeito:

a) BS324A: 844.571,00 € con cargo á aplicación 12.05.313A.480.0, para as axudas de mobilidade individuais de mozos e mozas, concedidas directamente pola Consellería de Política Social.

b) BS324B: 1.168.056,00 € con cargo á aplicación 12.05.313A.481.0, para a concesión de proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

c) BS324C: 500.000,00 € con cargo á aplicación 12.05.313A.460.0, para proxectos presentados por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo.

3. De producirse remanentes de crédito nalgún dos procedementos anteriores, procederase á reasignación das contías sobrantes entre os restantes.

4. As axudas reguladas nesta convocatoria están cofinanciadas pola IEX e polo FSE nunha porcentaxe do 91,89 %.

Artigo 41. Contías das axudas

As contías das axudas serán o resultado de aplicar os criterios indicados para cada procedemento no anexo-A das bases reguladoras, tendo en conta os importes das táboas seguintes:

Táboa1 (artigo 6.a) das bases reguladoras).

Apoio á organización e execución da mobilidade

Custos

subvencionables

Mecanismo financiamento

Importe

Norma de asignación

a) Apoio a aspectos organizativos

Custos unitarios

550 euros por participante

Baseada no número de participantes na mobilidade

b) Apoio á execución do proxecto

1º Apoio para a entidade de envío

Custos unitarios

– 1 mentor de 4 a 8 mobilidades no mesmo país de destino.

– 2 mentores desde 9 ou máis mobilidades, no mesmo ou distinto país de destino.

Gastos de viaxe = táboa 2.

Nº máximo de viaxes (ida e volta) a cada país de destino:

– Unha viaxe previa á mobilidade para a busca de socios de acollida.

Só será subvencionable a viaxe cando se trate de establecer acordos con novos socios para o programa Galeuropa. Se xa existe ese acordo, non será subvencionable esta viaxe.

– 2 viaxes para o/s mentor/es:

1. Acompañamento a participantes ao comezo da mobilidade.

2. Visita intermedia de seguimento das mobilidades ou acompañamento a participantes ao remate da mobilidade.

Gastos de manutención e aloxamento = táboa 3.

Cando as estadías superen os 14 días (continuos ou alternos) os importes diarios reduciranse nun 30 %.

Os días de estadía non inclúen os días da viaxe de ida e volta.

Máximo de estadías subvencionables:

– Busca de novos socios: 10 días (1 persoa).

– Acompañamento, seguimento (mentor/es): 10 días/mes.

Baseada no número de persoas que viaxen segundo o número de mobilidades en cada país de destino e a duración das mobilidades

2º Apoio para a entidade socia de acollida

Custos unitarios

Máximo 1 socio de acollida en cada país de destino.

Os días elixibles son os de duración da mobilidade máis 5 días adicionais de preparación. Os importes por día indícanse na táboa seguinte. Se un grupo ten menos de 8 participantes ou máis de 12, os importes unitarios reduciranse ou incrementarán nun 5 % por participante, respectivamente.

Baseada en: duración das mobilidades, núm. de países de destino, núm. de participantes

Destino

€/día

Destino

€/día

Destino

€/día

Alemaña

33 €

Finlandia

39 €

P. Baixos

39 €

Austria

39 €

Francia

37€

Polonia

34 €

Bélxica

37 €

Grecia

38 €

Portugal

37 €

Bulgaria

32 €

Hungría

33 €

*Azores

40 €

Chipre

32 €

Irlanda

39 €

*Madeira

40 €

Croacia

35 €

Italia

39 €

R. Checa

32 €

Dinamarca

40 €

Letonia

34 €

R. Unido

40 €

Eslovaquia

35 €

Lituania

34 €

Romanía

32 €

Eslovenia

34 €

Luxemburgo

36 €

Suecia

39 €

Estonia

33 €

Malta

37 €

Táboa 2 (artigo 6.a) das bases reguladoras).

Gastos de viaxe mentor/es entidade de envío (ida e volta)

Destino

Contía

Destino

Contía

Destino

Contía

Alemaña

275 €

Finlandia

360 €

P. Baixos

275 €

Austria

360 €

Francia

275 €

Polonia

360 €

Bélxica

275 €

Grecia

360 €

Portugal

180 €

Bulgaria

360 €

Hungría

360 €

*Azores

275 €

Chipre

530 €

Irlanda

275 €

*Madeira

275 €

Croacia

275 €

Italia

275 €

R. Checa

275 €

Dinamarca

360 €

Letonia

360 €

R. Unido

275 €

Eslovaquia

360 €

Lituania

360 €

Romanía

360 €

Eslovenia

275 €

Luxemburgo

275 €

Suecia

360 €

Estonia

360 €

Malta

360 €

Táboa 3 (artigo 6.a) das bases reguladoras).

Gastos de aloxamento e manutención mentor/es entidade de envío

Destino

Contía

día/mentor

Destino

Contía

día /mentor

Destino

Contía

día/mentor

Alemaña

58 €

Finlandia

71 €

P. Baixos

69 €

Austria

61 €

Francia

66 €

Polonia

59 €

Bélxica

65 €

Grecia

71 €

Portugal

65 €

Bulgaria

53 €

Hungría

55 €

*Azores

65 €

Chipre

58 €

Irlanda

74 €

*Madeira

65 €

Croacia

62 €

Italia

66 €

R. Checa

54 €

Dinamarca

72 €

Letonia

59 €

R. Unido

76 €

Eslovaquia

60 €

Lituania

58 €

Romanía

54 €

Eslovenia

60 €

Luxemburgo

66 €

Suecia

70 €

Estonia

56 €

Malta

65 €

Táboa 4 (artigo 6.b) das bases reguladoras).

Contías de axuda para os gastos da mobilidade dos/das mozos/as participantes desde o día de inicio

ata o día de remate das prácticas

Países

Custo

mes/participante

(1) Custo

día/participante

Países

Custo

mes/participante

(1) Custo

día/participante

Alemaña

1.226 €

40,31 €

Italia

1.350 €

44,38 €

Austria

1.278 €

42,02 €

Letonia

920 €

30,25 €

Bélxica

1.200 €

39,45 €

Lituania

906 €

29,79 €

Bulgaria

1.002 €

32,94 €

Luxemburgo

1.200 €

39,45 €

Chipre

1.096 €

36,03 €

Malta

1.088 €

35,77 €

Croacia

1.041 €

34,98 €

P. Baixos

1.322 €

43,46 €

Dinamarca

1.654 €

54,38 €

Polonia

1.320 €

43,40 €

Eslovaquia

1.058 €

34,78 €

Portugal

1.102 €

36,23 €

Eslovenia

1.042 €

34,26 €

*Azores e Madeira

1.670 €

54,90 €

Estonia

954 €

31,36 €

R. Checa

1.024 €

33,67 €

Finlandia

1.400 €

46,03 €

R. Unido

1.672 €

54,97 €

Francia

1.418 €

46,62 €

Romanía

1.008 €

33,14 €

Grecia

1.120 €

36,82 €

Suecia

1.378 €

45,30 €

Hungría

914 €

30,05 €

Irlanda

1.464 €

48,13 €

(1) Os custos por día só se aplicarán nos casos excepcionais en que a duración das prácticas non comprenda meses completos, ou no caso en que haxa que aplicar descontos.

As contías previstas nas táboas anteriores corresponden aos días desde o inicio das prácticas formativas non laborais ata o día da súa finalización. Non son subvencionables os gastos de viaxe (ida e volta) das persoas participantes e do/dos responsable/s e/ou mentor/es dos proxectos.

Táboa 5 (artigo 6.c) das bases reguladoras).

Apoio lingüístico (axudas individuais)

Mecanismo financiamento

Importe

Norma de asignación

Custos unitarios

150 euros por participante

Condición: deberase solicitar expresamente o apoio lingüístico

Artigo 42. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a suministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 43. Datos de carácter persoal

1. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os/as beneficiarios/as quedan informados/as da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

2. Segundo o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, os datos persoais recollidos na tramitación desta orde, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídas nun ficheiro denominado Relacións coa cidadanía e entidades. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta secretaría xeral técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Política Social, Secretaría Xeral, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a sxt.politica.social@xunta.gal.

3. Así mesmo, serán incluídos no ficheiro denominado Xestión, seguimento e control de proxectos e fondos europeos, cuxo obxecto, entre outras finalidades, é a xestión, seguimento, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europea. O órgano responsable deste ficheiro é Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a dx.politica.financeira.tesouro.fondos.europeos.facenda@xunta.gal.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para resolver a concesión, denegación, modificación, a procedencia de reintegro, total ou parcial, a declaración de perda do dereito da axuda ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispor os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición adicional segunda. Réxime de infraccións e sancións

Os/as beneficiarios/as destas axudas quedan suxeitos/as ao réxime de infraccións e sancións previstas para esta materia no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para ditar, dentro das súas competencias, as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO-A

Bases reguladoras dos distintos procedementos da convocatoria coordinada de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa

Base 1ª. Procedemento BS324A: axudas individuais á xuventude

1. Beneficiarios/as.

Poden ser beneficiarios/as destas axudas os mozos e as mozas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do capítulo I e que teñan como mínimo 18 anos de idade.

2. Documentación.

As solicitudes das axudas individuais (anexo I-A) irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Curriculum vitae modelo europeo en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditación de violencia de xénero: se é o caso, acreditarase por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, que son:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.

3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.

7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.

c) De ser o caso, anexo IV-A, cos datos da empresa/entidade pública ou privada onde se realizarán as prácticas formativas non laborais.

3. Contía da axuda.

Os criterios aplicables para as axudas individuais de mobilidade, de entre os definidos nos artigos 6 e 41 das bases reguladoras, serán os relativos a custos de:

a) Contías das axudas para os gastos de mobilidade dos/das mozos/as participantes desde o día de inicio ata o día de remate das prácticas (artigo 6.b).

O país de destino que se elixa na solicitude só poderá ser modificado, logo de solicitude por escrito motivado, por outro que teña asignadas contías iguais ou inferiores. Poderá realizarse o cambio para outro país que teña asignada unha contía superior só no caso de que haxa unha redución da duración da mobilidade, de xeito que non se supere o importe da axuda que corresponde segundo o país inicialmente solicitado e sempre cumprindo a duración mínima de 2 meses.

b) Apoio lingüístico. Require petición expresa na solicitude (artigo 6.c).

4. Criterios de avaliación.

A puntuación máxima para as solicitudes individuais será de 9,50 puntos, tendo en conta os seguintes criterios de avaliación:

1º. Mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 2 puntos.

2º. Ter buscada unha empresa/entidade pública ou privada onde realizar prácticas e acreditalo mediante a presentación do anexo IV-A, asinado pola empresa: 3 puntos.

Cando o anexo IV-A non se presente coa solicitude, poderá remitirse ao correo electrónico galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal no prazo máximo dos 10 días naturais seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os anexos recibidos con posterioridade non serán computados.

3º. A antigüidade no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma como persoa beneficiaria no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.

4º. Valorarase a maior idade fronte á menor, ata 1,40 puntos, coa seguinte escala:

Maiores de 28 anos: 1,40 puntos.

De 26 a 27 anos: 1,20 puntos.

De 24 a 25 anos: 1 punto.

De 22 a 23 anos: 0,80 puntos.

De 20 a 21 anos: 0,60 puntos.

De 18 a 19 anos: 0,40 puntos.

Terase en conta a idade do día que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

5º. Persoas en risco de exclusión social: 1,90 puntos.

No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:

En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do punto precedente na mesma orde en que están establecidos.

En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.

Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.

5. Documentación xustificativa da axuda concedida.

a) Anexo VII. Unha declaración complementaria de non ter percibido outras axudas para a mesma actividade, das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) Anexo V. Certificado emitido pola empresa/entidade de prácticas no cal constará a efectiva realización das prácticas formativas non laborais da persoa beneficiaria, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola/s persoa/s da empresa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou. Acompañarase dunha proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola/s persoa/s da empresa que exerceu a titoría das prácticas e a persoa beneficiaria.

c) Anexo VI-A, que inclúe unha memoria de actividades, que constará de:

1º. Breve análise dos resultados obtidos respecto dos obxectivos perseguidos.

2º. Resumo da experiencia na estadía formativa, destacando os aspectos socioculturais e lingüísticos, as destrezas e habilidades adquiridas, os atrancos atopados, o proveito obtido para a vida laboral e persoal e outras cuestións que se consideren de interese.

3º. Indicación das modificacións producidas nas estadías, se as houber, en canto á duración da mobilidade e posibles cambios de empresas/entidades de prácticas, así como as causas que as motivaron.

d) De ser o caso, documentación que acredite o motivo xustificado que causou o abandono ou interrupción das prácticas ou a non realización do período mínimo establecido nesta convocatoria.

e) A xustificación do apoio lingüístico farase mediante documentación que acredite a lingua na cal se recibe o apoio, con indicación do nivel a que correspondan os contidos impartidos respecto do MCERL. Deberá acreditar ademais as horas de duración e respectarán o mínimo establecido no artigo 6.c), polo que non se admitirá ningunha acreditación de cursos inferiores a 10 horas. O documento deberá estar asinado pola persoa profesional que impartiu o curso e pola beneficiaria deste.

f) Reportaxe fotográfica que evidencie o lugar de realización da práctica formativa non remunerada. Cada foto debe ir acompañada dunha breve memoria descritiva.

6. Obrigas.

a) Buscar pola súa conta a empresa/entidade pública ou privada para realizar as prácticas.

Dispor dos seguros de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para facer as prácticas, así como da tarxeta sanitaria europea ou seguro médico que dean cobertura equivalente durante o período de duración das mobilidades, e enviar copia á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

b) Manter contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mediante correo electrónico desde o momento en que resultan beneficiarios/as, especialmente durante a realización das estadías formativas e para os efectos do previsto no capítulo V do título I, durante o ano seguinte á finalización das prácticas.

c) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás cales sexan convocadas, tanto previas á saída como durante a estadía formativa, ou á volta das prácticas.

d) Cubrir os cuestionarios relativos aos indicadores de produtividade e de resultados, cos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 20.4. e 29.a).

e) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do enderezo electrónico galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal:

1º. Ata 3 días antes de comezar as prácticas, copia da póliza de accidentes e seguro de responsabilidade civil e a da tarxeta sanitaria ou seguro médico equivalente.

2º. No prazo máximo de 3 días desde que se inicien as prácticas, para os efectos de seguimento da actividade segundo o disposto no capítulo V do título I, deberán enviar un correo electrónico onde se indique:

Se existe ou non algunha variación nos datos indicados no anexo IV-A.

O calendario de realización das prácticas, no cal se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables por semana e o horario.

3º. A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas no prazo dos 3 días seguintes a que se produza o feito, con motivación das causas.

4º. Comunicar e motivar o cambio de empresa/entidade de prácticas e remitir un novo anexo IV-A cuberto coa aceptación da nova empresa no prazo máximo dos 3 días seguintes a producirse o cambio. De ningunha maneira se poderá admitir un cambio de empresa a outro país de destino se este cambio supón un aumento de contía nas axudas concedidas.

f) Realizar a totalidade da mobilidade solicitada, sen incumprimento horario nin faltas de asistencia non xustificadas, sen prexuízo das compensacións horarias e de días de asistencia que se poidan facer de acordo coa empresa/entidade de prácticas.

g) Observar un código de conduta ético nas empresas/entidades onde se realicen as prácticas e en xeral no transcurso da mobilidade.

Base 2ª. Procedemento BS324B: axudas a entidades sen ánimo de lucro

1. Beneficiarios/as.

Entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da mocidade.

2. Documentación.

As solicitudes das entidades sen ánimo de lucro (anexo I-B) irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da súa lexitimación como representante da entidade, mediante a certificación do secretario ou secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta en que se recolla a composición do órgano de dirección no momento da presentación da solicitude.

b) Anexo II co proxecto de mobilidade.

c) De ser o caso, anexo IV debidamente asinado.

d) Documentación que acredite que ten sede permanente ou o domicilio social en Galicia.

e) No caso de desenvolver o proxecto con medios humanos da entidade, certificación da persoa representante da entidade, na cal consten os nomes das persoas designadas para levar a cabo o proxecto de mobilidade, con indicación da función que desempeñarán como responsable do proxecto e/ou como mentor. Constarán tamén a súa titulación adecuada e experiencia mínima dun ano no ámbito da mocidade ou do emprego, así como a xornada que realizará (número de horas semanais) e o período de tempo durante o cal realizará as súas tarefas. A certificación deberá estar asinada pola persoa representante da entidade e tamén polas persoas designadas ou adscritas ao proxecto de mobilidade.

f) Acordos de colaboración bilaterais con entidades europeas para a acollida de mobilidades transnacionais, se procede.

g) Copia dos estatutos de constitución da entidade.

h) Certificación da persoa representante da entidade na cal conste a relación de proxectos específicos xestionados cuxos participantes fosen ou son mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, se procede. A certificación debe indicar nome do proxecto, ano ou anos de execución e entidade/organismo convocante.

i) Certificación da persoa representante da entidade onde conste que na data de presentación do proxecto de mobilidade a entidade está a xestionar un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/organismo convocante.

j) Certificación da persoa representante da entidade onde conste a relación de proxectos específicos xestionados cuxos participantes fosen ou son mozos e mozas en situación de risco de exclusión social, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/organismo convocante.

k) Certificación da persoa representante da entidade onde conste que na data de presentación do proxecto de mobilidade a entidade está a xestionar un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes fosen ou son mozos e mozas en situación de risco de exclusión social, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/organismo convocante.

3. Contía da axuda.

Os criterios aplicables para as axudas a proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro, de entre os definidos no artigo 6 e 41 das bases reguladoras, serán os relativos a custos de:

a) Apoio a aspectos organizativos do proxecto (artigo 6.a).1º).

b) Apoio á execución do proxecto (artigo 6.a).2º).

1º. Apoio para a entidade beneficiaria de envío. A petición de apoio deberá motivarse no proxecto indicando a persoa responsable do proxecto e/ou o/s mentor/es para os cales se solicita a axuda, e as actividades ou tarefas que teñen previsto realizar, así como a petición para o apoio a busca de novos socios previa á mobilidade (artigo 6.a).2º.1) no caso de entidades beneficiarias de proxectos de mobilidade Galeuropa en convocatorias anteriores. O importe da axuda estará en función do número de países de destino, o número de mobilidades en cada país e a duración destas.

2º. Apoio para a entidade socia na acollida. Indicaranse no proxecto as funcións que asumirá a entidade socia de acollida e indicarase o mentor desta entidade, se procede. O importe da axuda estará en función do número de países de destino, pois haberá unha entidade socia en cada país, do número de mobilidades en cada país e tamén da duración destas (artigo 6.a).2º.2).

c) Contías das axudas para os gastos de mobilidade dos/das mozos/as participantes desde o día de inicio ata o día de remate das prácticas (artigo 6.b).

4. Criterios de avaliación.

a) A puntuación máxima por proxecto será de 100 puntos.

1º. Melloras en recursos humanos respecto dos mínimos exixidos. Máximo 16 puntos.

Partindo de que a xornada completa é de 37 horas e media e tendo en conta os mínimos exixidos no artigo 31 para cada tramo de mobilidades (sexan 1 ou varias persoas):

Aumento nun 25 % da xornada: 4 puntos.

Aumento nun 50 % da xornada: 8 puntos.

Aumento nun 75 % da xornada: 12 puntos.

Aumento nun 100 % da xornada: 16 puntos.

2º. Melloras na preparación lingüística da mocidade participante, respecto dos requisitos mínimos exixidos no artigo 31. Máximo: 14 puntos:

De 11 a 15 horas: 1 punto

De 16 a 20 horas: 2 puntos

De 21 a 25 horas: 3 puntos

De 26 a 30 horas: 4 puntos

De 31 a 35 horas: 5 puntos

De 36 a 40 horas: 6 puntos

De 41 a 45 horas: 7 puntos

De 46 a 50 horas: 8 puntos

De 51 a 55 horas: 9 puntos

De 56 a 60 horas: 10 puntos

De 61 a 65 horas: 11 puntos

De 66 a 70 horas: 12 puntos

De 71 a 75 horas: 13 puntos

Máis de 75 horas: 14 puntos

3º. Ter asinados acordos con entidades socias de acollida no momento de solicitar o proxecto: ata 18 puntos.

Asinar acordos nun país: 6 puntos.

Asinar acordos en dous países: 12 puntos.

Asinar acordos en tres países: 18 puntos.

O total dos acordos debe recoller un número de mobilidades igual ou superior ás ofertadas no proxecto. De non ser así asignaráselles a puntuación mínima deste punto e sempre que recollan un mínimo de 4 mobilidades.

4º. Número de mobilidades que contén o proxecto. Máximo: 6 puntos.

De 4 a 6: 6 puntos

De 7 a 8: 5 puntos

De 9 a 10: 4 puntos

De 11 a 12: 3 puntos

De 13 a 14: 2 puntos

15: 1 punto

5º. Duración das prácticas: máximo: 6 puntos, a razón de 0,20 puntos por cada día que exceda os dous meses.

6º. Acordo de colaboración con entidades europeas na acollida das súas mobilidades, ata un máximo de 8 puntos (2 puntos por cada acordo de colaboración bilateral).

7º. Proxectos que polo menos nun dos fluxos (grupo de mozos/as que están a realizar a mobilidade no mesmo país no mesmo período) teñan como destinatarios/as como mínimo un 45 % de persoas con discapacidade superior ou igual ao 33 %: 9 puntos.

8º. Ter xestionado nos últimos cinco anos proxectos específicos cuxos participantes fosen ou son mozos/as con discapacidade igual ou superior ao 33 %. Máximo: 10 puntos.

De 1 a 2 proxectos: 2 puntos.

De 3 e 4 proxectos: 6 puntos.

5 ou máis proxectos: 10 puntos.

9º. Estar xestionando no momento de presentación do proxecto de mobilidade un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos/as con discapacidade igual ou superior ao 33 %: 1,5 puntos.

10º. Ter xestionado nos últimos cinco anos proxectos específicos cuxos participantes fosen ou son mozos/as en risco de exclusión social. Máximo: 10 puntos.

De 1 a 2 proxectos: 2 puntos.

De 3 e 4 proxectos: 6 puntos.

5 ou máis proxectos: 10 puntos.

11º. Estar xestionando no momento de presentación do proxecto de mobilidade un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes fosen ou son mozos/as en risco de exclusión social: 1,5 puntos.

b) No caso de empate na puntuación entre varias entidades solicitantes das axudas e co fin de determinar a orde de prelación entre proxectos que obtiveron a mesma puntuación, fíxase como sistema de desempate:

1º. O emprego da lingua galega na redacción do proxecto.

2º. A maior valoración que realizase a comisión de avaliación do proxecto en cada un dos criterios que se reflicten no punto un e seguindo a orde establecida nel.

3º. Orde de entrada da solicitude.

5. Documentación xustificativa da axuda concedida.

a) Anexo VII. Unha declaración complementaria de non ter percibido outras axudas para a mesma actividade das administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) Anexo V. Certificado emitido pola empresa/entidade de prácticas no cal constará a efectiva realización das prácticas formativas non laborais de cada persoa participante, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola/s persoa/s da empresa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou. Xuntarase dunha proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola/s persoa/s da empresa que exerceu a titoría das prácticas e a persoa participante.

c) Anexo VI-B, que inclúe:

1º. Memoria de actividades do proxecto de mobilidade, asinada pola persoa representante da entidade beneficiaria de envío, na cal constará:

a) Actividades realizadas na preparación e planificación: recursos humanos e materiais empregados na organización, busca de entidades socias na acollida, sesións preparatorias da mobilidade realizadas coas persoas participantes, xestión das viaxes e das estadías

b) Aspectos máis salientables na súa execución. Dificultades e apoios. De ser o caso, indicación das modificacións producidas respecto do proxecto inicial e a súa xustificación.

c) Avaliación e seguimento posterior: breve indicación dos resultados de aprendizaxe e laborais obtidos polos/as participantes durante a mobilidade e sesións de orientación laboral.

2º. Memoria de actividades de titorización e apoio ás mobilidades realizada e asinada polas persoas designadas como mentores, diferenciando, se procede, as titorías dos mentores da organización de envío e as dos mentores da organización de acollida, e as actividades conxuntas.

3º. Xuntaranse coas memorias:

As follas de sinaturas de todas as xornadas realizadas coas persoas participantes tanto as previas á saída como as posteriores á mobilidade e tamén as das actividades lúdico-culturais, sociais e/ou de orientación laboral realizadas no país de destino, de ser o caso.

Diario das sesións realizadas tanto coas empresas coma cos participantes, coas sinaturas de todas as persoas asistentes nas sesións presenciais e con anotación da data e hora das sesións telefónicas, así como as incidencias atendidas a través do teléfono de contacto 24 horas.

Unha reportaxe fotográfica e/ou audiovisual das mobilidades, que conterá unha mostra das xornadas tanto as formativas previas á mobilidade como as posteriores de orientación laboral realizadas no país de orixe, e das actividades lúdicas, culturais e deportivas. Tamén conterá unha mostra das prácticas formativas non retribuídas de cada persoa participante.

d) Relación nominal con todas as persoas que realizaron a mobilidade, na cal constará o seu nome e apelidos, DNI, data de nacemento, sexo, nivel de estudos, rama ou especialidade, concello de residencia, país e cidade de destino das prácticas, datas de inicio e fin das mobilidades e do período de prácticas de cada participante, número de horas mensuais e sector empresarial, segundo modelo do anexo VI-B.

e) Certificación da persoa responsable da entidade beneficiaria de envío de que a convocatoria da mobilidade e o proceso selectivo se fixeron conforme o establecido nesta orde, na cal deberá constar:

Que a convocatoria para a selección das persoas participantes se fixo respectando os principios de publicidade e concorrencia competitiva. Indicaranse as páxinas web e/ou redes sociais utilizadas para a súa difusión pública e, de ser o caso, achegarase a referencia a aparicións do proxecto nos medios de comunicación social. Xuntaranse copias e impresións de pantallas onde consten as ditas referencias.

Que o proceso selectivo se fixo segundo os criterios mínimos de selección sinalados no artigo 30.4. Xuntaranse as certificacións ou actas das valoracións dadas ás solicitudes presentadas, con explicación dos criterios empregados e a desagregación da puntuación dada a cada participante. Estas certificacions ou actas deberán conter: número de solicitudes, número de admitidas e excluídas e a causa destas últimas e unha relación numerada por orde de puntuación das persoas seleccionadas.

f) Documentación acreditativa do mantemento do sistema de contabilidade separada a que se refire o artigo 25.c).1º das bases reguladoras: extracto da contabilidade que permita verificar como se contabilizaron os gastos, o cal deberá incluír contas ou subcontas, datas e números dos correspondentes asentos contables.

g) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas en materia de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro, ás cales fai referencia o artigo 25.c).3º, mediante achegas de fotocopias da documentación utilizada, fotografías dos carteis expostos, indicación da páxina web, etc. Na documentación que se presente terán que verse con claridade os logotipos da UE e da Xunta de Galicia.

h) A xustificación do apoio lingüístico farase mediante documentación que acredite a lingua na cal se recibe o apoio, con indicación do nivel a que corresponden do MCERL os contidos impartidos. Deberá acreditar, ademais, as horas de duración e respectarán o mínimo establecido no artigo 6.c), polo que non se admitirá ningunha acreditación de cursos inferiores a 10 horas. O documento deberá estar asinado pola persoa profesional que impartiu o curso e pola beneficiaria deste.

i) Certificación da persoa representante da entidade beneficiaria de envío, na cal se acredite a efectiva dedicación das persoas designadas como responsables do proxecto ou como mentores, onde se acredite que se cumpriron as condicións indicadas na certificación ou compromiso que se presentaron coa solicitude. Asinarán na mesma certificación: o responsable do proxecto e/ou mentor/es. No caso de que se contratase persoal para a mobilidade, presentaranse os contratos de traballo.

j) Para xustificar as axudas á execución do proxecto presentarase:

1º. Apoio para a entidade beneficiaria de envío: documentación que acredite que a persoa responsable do proxecto e/ou mentor/es realizaron as viaxes ao país ou países de acollida mediante a presentación das tarxetas de embarque ou billetes de autobús ou tren; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías-autoestradas necesarios para a súa realización. En todo caso, da documentación anterior deberán deducirse claramente as datas de ida e volta.

Presentaranse os partes de traballo diarios con indicación horaria de cada actividade realizada durante as estadías no país de acollida.

Presentaranse as actas das reunións levadas a cabo nos países de destino asinadas por todos os asistentes a eles.

2º. Apoio para a entidade socia na acollida: memoria de actividades realizadas, que deberá coincidir cos mínimos indicados no proxecto e no acordo coa entidade beneficiaria e incluirá os partes de traballo diarios ou semanais adicados á mobilidade. A memoria estará redactada nas linguas oficias da Comunidade Autónoma de Galicia: galego ou castelán.

Presentarase copia da transferencia emitida pola entidade beneficiaria a favor da entidade socia na acollida polo importe que corresponda á axuda concedida neste concepto.

Presentaranse as actas das reunións levadas a cabo asinadas por todas as persoas asistentes a elas.

6. Obrigas.

a) Buscar unha ou varias entidades socias de acollida, que participarán como socias das entidades beneficiarias para xestionar as mobilidades no país de destino que lles corresponda, comprometéndose a atopar empresas ou entidades públicas ou privadas suficientes e adecuadas ás necesidades dos/das participantes.

b) Dispor dos seguros médicos, de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para dar cobertura ás persoas participantes nas mobilidades durante o período de duración das mobilidades, desde o día da viaxe de ida ata o día de volta incluído.

c) Difundir a convocatoria de mobilidade transnacional xuvenil publicamente e coa adecuada antelación a través da internet (páxinas web e/ou redes sociais), ou outros medios de difusión complementarios, de xeito que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas.

d) Manter o contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mediante correo electrónico, durante todo o período de execución do proxecto de mobilidade subvencionado, en todas as súas fases, e ata un ano despois da súa finalización para os efectos do previsto no capítulo V do título I.

e) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás cales sexan convocadas, durante o período de execución do proxecto subvencionado, e ata un ano despois da súa finalización.

f) Cubrir os cuestionarios postos á súa disposición desde a aplicación informática 1420 relativos aos indicadores de produtividade e coa totalidade dos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 20.4 e 29.b) e mais no punto seguinte. Os indicadores de produtividade serán cubertos no prazo dos 10 días hábiles desde a súa posta a disposición.

O non cumprimento desta obriga está penalizada co reintegro do 2 % da totalidade da axuda.

g) Pór á disposición dos seus participantes a través da aplicación Participa 1420 os cuestionarios de indicadores de produtividade e de resultados, realizando un labor de asesoramento e seguimento para a súa cobertura.

Os indicadores de produtividade e os de resultado inmediato serán cubertos polos participantes no prazo dos 10 días hábiles desde a súa posta a disposición.

O non cumprimento desta obriga por parte dos participantes está penalizada co reintegro do 2 % dos importes da axuda por participante.

h) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do enderezo electrónico galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.gal o seguinte:

No momento da adxudicación das axudas as entidades beneficiarias deberán enviar a relación das persoas seleccionadas para realizar as mobilidades, co fin de que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado verifique que efectivamente están inscritas no Rexistro Nacional de Garantía Xuvenil e que cumpren os requisitos exixidos.

Ata 3 días antes de iniciar as prácticas formativas non laborais enviarán:

Unha relación das persoas participantes nas actividades de mobilidade para as cales se pide a axuda, con indicación da data de inicio e remate das prácticas.

Unha copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil e seguros médicos que dea cobertura á mocidade que realizará as mobilidades.

Unha certificación da persoa representante da entidade en que conste o nome da persoa ou persoas contratadas, a súa titulación e experiencia e o número de horas ou a xornada dedicada ao proxecto, no caso de que se adquirise o compromiso de contratar persoal para realizar as mobilidades.

Máximo 3 días despois de iniciar as prácticas:

A relación de empresas/entidades onde realizará as prácticas cada un dos/as participantes, con indicación da persoa que os/as titorizará na empresa.

O calendario de realización das prácticas de cada participante, no cal se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables da semana e o horario.

De ser o caso, nos 3 días seguintes a que se produza o feito e motivando as causas:

A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas. A comunicación deberá realizarse en documento motivado e asinado pola persoa participante.

A comunicación do cambio de empresa/entidade de prácticas.

i) Satisfacer, no momento do seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, se as houber, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

j) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado as modificacións substanciais do proxecto obxecto de subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos, no momento en que se produzan. As ditas modificacións responderán a causas excepcionais debidamente xustificadas. Non se admitirán modificacións dos países de acollida das prácticas cando supoñan un aumento das contías das axudas concedidas.

k) Planificar, organizar e xestionar as mobilidades, no que se refire á viaxe ao país de destino ou transporte local, o aloxamento e a manutención das persoas participantes durante as prácticas formativas non laborais.

l) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

m) Realización como mínimo dunha xornada de orientación laboral co fin de facilitar a inserción laboral dos/as mozos/as participantes, antes do vencemento do prazo de xustificación.

Base 3ª. Procedemento BS324C: axudas a entidades locais

1. Beneficiarios/as.

a) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo.

b) Así mesmo, aqueles concellos que, sen constituíren mancomunidade, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as axudas que regula esta orde, de conformidade co acordo do Consello da Xunta de Galicia con data do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

Ningún concello ou entidade local dos sinalados nos puntos anteriores poderá:

Presentar a solicitude de subvención se o fixo unha entidade local na cal estean integrados ou da cal dependan.

Figurar en máis dunha solicitude colectiva.

Figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual.

O incumprimento destas normas dará lugar á non admisión de todas as solicitudes individuais de subvención subscritas pola entidade de que se trate, dando validez á solicitude realizada de forma conxunta. No caso de figurar en máis dunha solicitude conxunta, non será admitida ningunha delas.

Serán inadmitidas a trámite aquelas solicitudes conxuntas nas cales non se acredite a realización conxunta da actuación ou que supoñan actuacións independentes de cada entidade local.

2. Documentación.

Coas solicitudes das entidades locais (anexo I-C) xuntarase a seguinte documentación:

a) Certificado do secretario ou secretaria que recolla o acordo do órgano competente de solicitude da subvención e se nomee un/unha representante, se procede.

b) Certificación do/da secretario/a da entidade local de ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio.

c) Anexo II co proxecto de mobilidade.

d) No caso de desenvolver o proxecto con medios humanos da entidade, certificación da persoa representante da entidade, na cal consten os nomes das persoas designadas para levar a cabo o proxecto de mobilidade, con indicación das funcións que desempeñarán como responsable do proxecto e/ou como mentor. Constarán tamén a súa titulación axeitada e/ou experiencia mínima dun ano no ámbito da mocidade ou emprego, así como a xornada que realizará (número de horas semanais) e o período de tempo durante o cal realizará as súas tarefas. A certificación deberá estar asinada pola persoa representante da entidade e tamén polas persoas designadas ou adscritas ao proxecto de mobilidade.

e) No caso de comprometerse a acoller mobilidades doutras entidades europeas, presentarase o acordo de colaboración, que será bilateral e estará asinado por ambas as partes.

f) Para os municipios que se acollan á fórmula de solicitude conxunta, o documento no cal se acorde a colaboración dos concellos, no cal se incluirá o nomeamento da persoa que actuará como representante e o certificado dos/das secretarios/as dos acordos do Pleno ou da Xunta de Goberno en que autorizan o concello para que actúe como representante de todos eles para a petición da subvención.

g) No caso de entidades locais que presenten a solicitude mediante a fórmula de mancomunidade ou agrupación de concellos, a declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública e co sector público da Comunidade Autónoma, ou a alternativa autorización debe ser de cada un dos concellos integrantes da agrupación ou mancomunidade; por tanto, debe cubrir cada un deles o anexo VIII. Neste caso deberán xuntar tamén unha copia do DNI/NIE de cada unha das persoas representantes das entidades participantes no proxecto no caso de denegar expresamente a súa consulta.

h) Memoria de aforro de custos, de ser o caso, cando se trate de proxectos conxuntos.

i) De ser o caso, anexo IV debidamente asinado.

j) Certificación da persoa representante da entidade na cal conste a relación de proxectos específicos xestionados cuxos participantes fosen ou son mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/o organismo convocante.

k) Certificación da persoa representante da entidade na cal conste que na data de presentación do proxecto de mobilidade a entidade está a xestionar un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/o organismo convocante.

l) Certificación da persoa representante da entidade na cal conste a relación de proxectos específicos xestionados cuxos participantes fosen ou son mozos e mozas en situación de risco de exclusión social, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/o organismo convocante.

m) Certificación da persoa representante da entidade na cal conste que na data de presentación do proxecto de mobilidade a entidade está a xestionar un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes fosen ou son mozos e mozas en situación de risco de exclusión social, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/o organismo convocante.

3. Contía da axuda.

Os criterios aplicables para as axudas a proxectos presentados por entidades locais, de entre os definidos no artigo 6 e 41 das bases reguladoras, serán os relativos a custos de:

a) Apoio a aspectos organizativos do proxecto (artigo 6.a).

b) Apoio á execución do proxecto.

1º. Apoio para a entidade beneficiaria de envío. A petición de apoio deberá motivarse no proxecto con indicación da persoa responsable do proxecto e/ou o/os mentor/es para os cales se solicita a axuda, e as actividades ou tarefas que teñen previsto realizar, así como a petición para a apoio á busca de novos socios previamente á mobilidade (artigo 6.2º.1), no caso de entidades beneficiarias de proxectos de mobilidade Galeuropa en convocatorias anteriores. O importe da axuda estará en función do número de países de destino, do número de mobilidades en cada país e da duración destas.

2º. Apoio para a entidade socia na acollida. Indicaranse no proxecto as funcións que asumirá a entidade socia de acollida e indicarase o mentor desta entidade, se procede. O importe da axuda estará en función do número de países de destino, pois haberá unha entidade socia en cada país, do número de mobilidades en cada país e tamén da duración destas (artigo 6.2º.2).

c) Contías das axudas para os gastos de mobilidade dos/das mozos/as participantes desde o día de inicio ata o día de remate das prácticas (artigo 6.b).

4. Criterios de avaliación.

a) A puntuación máxima por proxecto será de 110 puntos, sen prexuízo do previsto para as solicitudes conxuntas presentadas ao abeiro do acordo do Consello da Xunta, do 28 de febreiro, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

1º. Número de persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia na data de remate da presentación de solicitudes, máximo 10 puntos, de conformidade cos seguintes criterios:

Proxectos promovidos por un concello ou agrupación de concellos que teñan máis de 50 mozos/as inscritos/as: 10 puntos.

Proxectos promovidos por un concello ou agrupación de concellos que teñan máis de 35 mozos/as inscritos/as: 8 puntos.

Proxectos promovidos por un concello ou agrupación de concellos que teñan máis de 20 mozos/as inscritos/as: 6 puntos.

Proxectos promovidos por un concello ou agrupación de concellos que teñan máis de 5 mozos/as inscritos/as: 4 puntos.

2º. Melloras en recursos humanos respecto dos mínimos exixidos: máximo 16 puntos.

Partindo de que a xornada completa é de 37 horas e media e tendo en conta os mínimos exixidos no artigo 31.4.a) para cada tramo de mobilidades (sexan unha ou varias persoas):

Aumento nun 25 % da xornada: 4 puntos.

Aumento nun 50 % da xornada: 8 puntos.

Aumento nun 75 % da xornada: 12 puntos.

Aumento nun 100 % da xornada: 16 puntos.

3º. Melloras na preparación lingüística da mocidade participante, respecto dos requisitos mínimos exixidos no artigo 31.4.b): máximo 14 puntos:

De 11 a 15 horas: 1 punto

De 16 a 20 horas: 2 puntos

De 21 a 25 horas: 3 puntos

De 26 a 30 horas: 4 puntos

De 31 a 35 horas: 5 puntos

De 36 a 40 horas: 6 puntos

De 41 a 45 horas: 7 puntos

De 46 a 50 horas: 8 puntos

De 51 a 55 horas: 9 puntos

De 56 a 60 horas: 10 puntos

De 61 a 65 horas: 11 puntos

De 66 a 70 horas: 12 puntos

De 71 a 75 horas: 13 puntos

Máis de 75 horas: 14 puntos

4º. Ter asinados acordos con entidades socias de acollida no momento de solicitar o proxecto: ata 18 puntos:

Asinar acordos nun país: 6 puntos.

Asinar acordos en dous países: 12 puntos.

Asinar acordos en tres países: 18 puntos.

O total dos acordos debe recoller un número de mobilidades igual ou superior ás ofertadas no proxecto. De non ser así, asignaráselles a puntuación mínima deste punto e sempre que recollan un mínimo de 4 mobilidades.

5º. Número de mobilidades que contén o proxecto. Máximo 6 puntos:

De 4 a 6: 6 puntos

De 7 a 8: 5 puntos

De 9 a 10: 4 puntos

De 11 a 12: 3 puntos

De 13 a 14: 2 puntos

De 15: 1 punto

6º. Duración das prácticas: máximo 6 puntos, a razón de 0,20 puntos por cada día que exceda os dous meses.

7º. Acordo de colaboración bilateral para acoller mobilidades doutras entidades europeas: ata un máximo de 8 puntos (2 puntos por cada acordo).

8º. Proxectos que polo menos nun dos fluxos (grupo de mozos/as que están a realizar a mobilidade no mesmo país no mesmo período) teñan como destinatarios/as como mínimo un 45 % de persoas con discapacidade superior ou igual ao 33 %: 9 puntos.

9º. Ter xestionado nos últimos cinco anos proxectos cuxos participantes fosen mozos/as con discapacidade igual ou superior ao 33 %: máximo 10 puntos.

De 1 a 2 proxectos: 2 puntos.

De 3 a 4 proxectos: 6 puntos.

5 ou máis proxectos: 10 puntos.

10º. Estar xestionando no momento de presentación do proxecto de mobilidade un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos/as con discapacidade igual ou superior ao 33 %: 1,5 puntos.

11º. Ter xestionado nos últimos cinco anos proxectos cuxos participantes fosen mozos/as en risco de exclusión social: máximo 10 puntos.

De 1 a 2 proxectos: 2 puntos.

De 3 a 4 proxectos: 6 puntos.

5 ou máis proxectos: 10 puntos.

12º. Estar xestionando no momento de presentación do proxecto de mobilidade un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes fosen ou son mozos/as en risco de exclusión social: 1,5 puntos.

b) Para dar cumprimento ao acordo do Consello da Xunta de Galicia de data 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, as solicitudes conxuntas deberán consistir na participación conxunta e efectiva no desenvolvemento da actividade común, mediante achegas de organización, medios persoais e materiais ou recursos financeiros para a finalidade compartida, de acordo coas respectivas competencias.

De conformidade co dito Acordo do Consello da Xunta, do 28 de febreiro, a presentación conxunta da solicitude implica a seguinte puntuación adicional:

1º. A presentación da solicitude por parte dunha mancomunidade ou agrupación de concellos, excluída a modalidade de fusión municipal, supón un incremento do 30 % respecto da puntuación total, o que equivale a 30 puntos adicionais. Este criterio subdivídese do seguinte xeito:

Pola mera presentación da solicitude conxunta nos termos e requisitos recollidos nesta base 3ª: 10 puntos adicionais.

Polo número de concellos superior a dous que se asocien: 2 puntos adicionais, ata un máximo de 10 puntos.

Pola valoración da memoria de aforro de custos que se conseguen coa presentación conxunta respecto da individual: 10 puntos.

2º. A presentación da solicitude por parte dos concellos que fosen obxecto de fusión supón un incremento do 30 % respecto da puntuación total, o que equivale a 30 puntos adicionais.

c) No caso de empate na puntuación entre varias entidades solicitantes das axudas e co fin de determinar a orde de prelación entre proxectos que obtiveron a mesma puntuación, fíxase como sistema de desempate:

1º. O emprego da lingua galega na redacción do proxecto.

2º. A maior valoración que realizase a comisión de avaliación do proxecto en cada un dos criterios que se reflicten no punto un e seguindo a orde establecida nel.

3º. Orde de entrada da solicitude.

5. Documentación xustificativa da axuda concedida.

a) Anexo VII. Unha declaración complementaria de non ter percibido outras axudas para a mesma actividade das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) Anexo V. Certificado emitido pola empresa/entidade de prácticas no cal constará a efectiva realización das prácticas formativas non laborais de cada persoa participante, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou. Xuntarase unha proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola persoa da empresa que exerceu a titoría das prácticas e a persoa participante.

c) Anexo VI-C, que inclúe:

1º. Memoria de actividades do proxecto de mobilidade, asinada pola persoa representante da entidade beneficiaria de envío, na cal constará:

Actividades realizadas na preparación e planificación: recursos humanos e materiais empregados na organización, busca de entidades socias na acollida, sesións preparatorias da mobilidade realizadas coas persoas participantes, xestión das viaxes de ida e volta.

Aspectos máis salientables na súa execución: dificultades e apoios. De ser o caso, indicación das modificacións producidas respecto do proxecto inicial e a súa xustificación.

Avaliación e seguimento posterior: breve indicación dos resultados de aprendizaxe e laborais obtidos polos/as participantes durante a mobilidade e sesións de orientación laboral.

2º. Memoria de actividades de titorización e apoio ás mobilidades realizada e asinada polas persoas designadas como mentores, diferenciando, se procede, as titorías do/s mentor/es da organización de envío e as dos mentores da organización de acollida, e as actividades conxuntas.

3º. Xuntaranse coas memorias:

As follas de sinaturas de todas as xornadas realizadas coas persoas participantes, tanto as previas á saída coma as posteriores á mobilidade e tamén as das actividades lúdicas, culturais, sociais e/ou de orientación laboral realizadas no país de destino, de ser o caso.

Diario das sesións realizadas tanto coas empresas coma cos participantes, coas sinaturas de todas as persoas asistentes nas sesións presenciais e con anotación da data e hora das sesións telefónicas, así como as incidencias atendidas a través do teléfono de contacto 24 horas.

Unha reportaxe fotográfica das mobilidades, que conterá unha mostra das xornadas, tanto as formativas previas á mobilidade como as posteriores de orientación laboral realizadas no país de orixe e das actividades lúdicas, culturais e sociais. Tamén conterá unha mostra das prácticas formativas non retribuídas de cada persoa participante.

d) Relación nominal con todas as persoas que realizaron a mobilidade, na cal constará o seu nome e apelidos, DNI, data de nacemento, sexo, nivel de estudos, rama ou especialidade, concello de residencia, país e cidade de destino das prácticas, datas de inicio e fin das mobilidades e do período de prácticas de cada participante, número de horas mensuais e sector empresarial, segundo modelo do anexo VI-C.

e) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/sa ou presidente/a, na cal se faga constar que a convocatoria da mobilidade e o proceso selectivo se fixo conforme o establecido nesta orde, na cal deberá constar:

Que a convocatoria se fixo respectando os principios de publicidade e concorrencia competitiva. Indicaranse as páxinas web e/ou redes sociais utilizadas para a súa difusión pública e, de ser o caso, achegarase a referencia a aparicións do proxecto nos medios de comunicación social. Xuntaranse copias e impresións de pantallas onde consten as ditas referencias.

Que o proceso selectivo se fixo segundo os criterios mínimos de selección sinalados no artigo 30.4. Xuntaranse as certificacións ou actas das valoracións dadas ás solicitudes presentadas, con explicación dos criterios empregados e a desagregación da puntuación dada a cada participante. Estas certificacións ou actas deberán conter: número de solicitudes, número de admitidas e excluídas e a causa destas últimas, e unha relación numerada por orde de puntuación das persoas seleccionadas.

f) Documentación acreditativa do mantemento do sistema de contabilidade separada a que se refire o artigo 25.c).1º das bases reguladoras: extracto da contabilidade que permita verificar como se contabilizaron os gastos, o cal deberá incluír contas ou subcontas, datas e números dos correspondentes asentos contables.

g) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas en materia de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro, ás cales fai referencia o artigo 25.c).3º desta orde, mediante achegas de fotocopias da documentación utilizada, fotografías dos carteis expostos, indicación da páxina web, etc. Na documentación que se presente terán que verse con claridade os logotipos da UE e da Xunta de Galicia.

h) A xustificación do apoio lingüístico farase mediante documentación que acredite a lingua na cal se recibe o apoio, con indicación do nivel ao que corresponden os contidos impartidos respecto do MCERL. Deberá acreditar ademais as horas de duración e respectarán o mínimo establecido no artigo 6.c), polo que non se admitirá ningunha acreditación de cursos inferiores a 10 horas. O documento deberá estar asinado pola persoa profesional que impartiu o curso e pola beneficiaria deste.

i) Certificación da persoa representante da entidade beneficiaria de envío, na cal se acredite a efectiva dedicación das persoas designadas como responsables do proxecto ou como mentores, e se acredite que se cumpriron as condicións indicadas na certificación ou compromiso que se presentaron coa solicitude. Asinarán na mesma certificación: o responsable do proxecto e/ou o mentor ou mentores. No caso de que se contratase persoal para a mobilidade, presentaranse os contratos de traballo.

j) Para xustificar as axudas á execución do proxecto presentarase:

1º. Apoio para a entidade beneficiaria de envío: documentación que acredite que a persoa responsable do proxecto e/ou o mentor ou mentores realizaron as viaxes ao país ou países de acollida, mediante a presentación das tarxetas de embarque ou billetes de autobús ou tren; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías-autoestradas necesarios para a súa realización. En todo caso, da documentación anterior deberá deducirse claramente as datas de ida e volta.

Presentaranse os partes de traballo diarios con indicación horaria de cada actividade realizada durante as estadías no país de acollida.

Presentaranse as actas das reunións levadas a cabo nos países de destino asinadas por todos os asistentes a elas.

2º. Apoio para a entidade socia na acollida: memoria de actividades realizadas, que deberá coincidir cos mínimos indicados no proxecto e no acordo coa entidade beneficiaria e incluirá os partes de traballo diarios ou semanais dedicados á mobilidade. A memoria estará redactada nas linguas oficias da Comunidade Autónoma de Galicia: galego ou castelán.

Presentarase copia da transferencia emitida pola entidade beneficiaria a favor da entidade socia na acollida polo importe que corresponda á axuda concedida neste concepto.

Presentaranse as actas das reunións levadas a cabo asinadas por todas as persoas asistentes a elas.

6. Obrigas.

a) Buscar unha ou varias entidades socias de acollida, que participarán como socias das entidades beneficiarias para xestionar as mobilidades no país de destino que lles corresponda, que se comprometerán a atopar empresas ou entidades públicas ou privadas suficientes e adecuadas ás necesidades dos/das participantes.

b) Dispor dos seguros médicos, de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para dar cobertura ás persoas participantes nas mobilidades durante o período de duración destas, desde o día da viaxe de ida ata o día de volta incluídos.

c) Difundir a convocatoria de mobilidade transnacional xuvenil publicamente e coa adecuada antelación a través da internet (páxinas web e/ou redes sociais) ou outros medios de difusión complementarios, de xeito que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas.

d) Manter o contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mediante correo electrónico, durante todo o período de execución do proxecto de mobilidade subvencionado, en todas as súas fases, e ata un ano despois da súa finalización para os efectos do previsto no capítulo V do título I.

e) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas a que sexan convocadas, durante o período de execución do proxecto subvencionado e ata un ano despois da súa finalización.

f) Cubrir os cuestionarios postos á disposición desde a aplicación informática 1420, relativos aos indicadores de produtividade e coa totalidade dos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 20.4 e 29.b) e mais no punto seguinte. Os indicadores de produtividade serán cubertos no prazo dos 10 días hábiles desde a súa posta á disposición.

O non cumprimento desta obriga está penalizado co reintegro do 2 % da totalidade da axuda.

g) Pór á disposición dos seus participantes, a través da aplicación 1420, os cuestionarios de indicadores de produtividade e de resultados, e realizar un labor de asesoramento e seguimento para a súa cobertura.

Os indicadores de produtividade e os de resultado inmediato serán cubertos polos participantes no prazo dos 10 días hábiles desde a súa posta a disposición.

h) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do enderezo electrónico galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.gal

No momento da adxudicación das axudas, as entidades beneficiarias deberán enviar a relación das persoas seleccionadas para realizar as mobilidades, co fin de que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado verifique que efectivamente están inscritos no Rexistro Nacional de Garantía Xuvenil e que cumpren os requisitos exixidos.

Ata 3 días antes de iniciar as prácticas formativas non laborais enviarán:

Unha relación das persoas participantes nas actividades de mobilidade para as cales se pide a axuda, con indicación da data de inicio e remate das mobilidades e do período de prácticas.

Unha copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil e seguros médicos que dea cobertura á mocidade que realizará as mobilidades.

Unha certificación da persoa representante da entidade na cal conste o nome da persoa ou persoas contratadas, a súa titulación e experiencia e o número de horas ou a xornada dedicada ao proxecto, no caso de que se adquirise o compromiso de contratar persoal para a realizar as mobilidades.

Máximo 3 días despois de iniciar as prácticas, comunicarán:

A relación de empresas/entidades onde realizará as prácticas cada un dos/das participantes, con indicación da persoa que os/as titorizará na empresa.

O calendario de realización das prácticas de cada participante, no cal se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables da semana e o horario.

De ser o caso, nos 3 días seguintes a que se produza o feito e motivando as causas:

A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas.

A comunicación do cambio de empresa/entidade de prácticas.

i) Satisfacer, no momento do seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, se as houber, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

j) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado as modificacións substanciais do proxecto obxecto de subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos, no momento en que se produzan. As ditas modificacións responderán a causas excepcionais debidamente xustificadas. Non se admitirán modificacións dos países de acollida das prácticas cando supoñan un aumento das contías das axudas concedidas.

k) Obriga de planificar, organizar e xestionar as mobilidades, no que se refire á viaxe ao país de destino, o transporte local, o aloxamento e a manutención das persoas participantes durante as prácticas formativas non laborais.

l) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

m) Realización como mínimo dunha xornada de orientación laboral co fin de facilitar a inserción laboral dos/das mozos/as participantes, antes do vencemento do prazo de xustificación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IX

Indicadores de produtividade e resultados

Exixidos polo Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo (FSE).

Indicadores comúns do FSE (anexo I do Regulamento 1304/2013).

1. Indicadores comúns de produtividade.

a) Participantes.

Dimensión do

indicador

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación de

referencia

Representatividade da mostra

Estado laboral

Desempregados, incluídos os de longa duración*

Anualmente

Todos os participantes

Desempregados de longa duración*

Anualmente

Todos os participantes

Inactivos*

Anualmente

Todos os participantes

Inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación*

Anualmente

Todos os participantes

Persoas con emprego, incluídos os traballadores por conta propia*

Anualmente

Todos os participantes

Idade

Persoas menores de 25 anos de idade*

Anualmente

Todos os participantes

Persoas maiores de 54 anos de idade*

Anualmente

Todos os participantes

Persoas maiores de 54 anos de idade que estean desempregadas, incluídas as de longa duración, ou inactivas e non integradas nos sistemas de educación ou formación*

Anualmente

Todos os participantes

Nivel educativo

Persoas con estudos de ensino primario (CINE 1) ou secundaria (CINE 2)*

Anualmente

Todos os participantes

Persoas co segundo ciclo de ensino secundario (CINE 3) ou con ensino postsecundario (CINE 4)*

Anualmente

Todos os participantes

Persoas con ensino superior ou terciario (CINE 5 a 8)*

Anualmente

Todos os participantes

Participantes desfavorecidos

Participantes que viven en fogares sen emprego*

Anualmente

Todos os participantes

Participantes que viven en fogares sen emprego con fillos ao seu cargo*

Anualmente

Todos os participantes

Participantes que viven en fogares compostos por un único adulto con fillos ao seu cargo*

Anualmente

Todos os participantes

Inmigrantes, participantes de orixe estranxeira, minorías (incluídas comunidades marxinadas, como a poboación romaní)**

Anualmente

Todos os participantes

Participantes con discapacidade**

Anualmente

Todos os participantes

Outras persoas desfavorecidas**

Anualmente

Todos os participantes

Persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en canto a vivenda*

Unha vez en 2018

Mostra representativa de todos os participantes

1) Situación laboral

2) Grupo de idade

3) Nivel educativo

4) Situación fogar

Persoas de zonas rurais*

Unha vez en 2018

Mostra representativa de todos os participantes

1) Situación laboral

2) Grupo de idade

3) Nivel educativo

4) Situación fogar

b) Entidades.

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Número de proxectos total ou parcialmente realizados por axentes sociais ou asociacións non gobernamentais

Anualmente

Todos os proxectos

Numero de proxectos dedicados á participación e a progresión sustentables das mulleres no ámbito do emprego

Anualmente

Todos os proxectos

Número de proxectos dirixidos ás administracións públicas ou aos servizos públicos no ámbito nacional, rexional ou local

Anualmente

Todos os proxectos

Número de microempresas e pequenas e medianas empresas subvencionadas (incluídas as cooperativas e as empresas de economía social)

Anualmente

Todas as pemes directamente soportadas

2. Indicadores comúns de resultado.

a) Indicadores de resultado inmediato.

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Participantes inactivos que buscan traballo logo da súa participación*

Anualmente

Participantes inactivos

Participantes que se integraron nos sistemas de educación ou formación logo da súa participación*

Anualmente

Todos os participantes, excepto aqueles non integrados nos sistemas de educación ou formación ao comezo

Participantes que obteñen unha cualificación logo da súa participación*

Anualmente

Todos os participantes

Participantes que obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación*

Anualmente

– Desempregados

– Participantes inactivos

Participantes desfavorecidos que buscan traballo, que se integran nos sistemas de educación ou formación, obteñen unha cualificación ou obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación**

Anualmente

Participantes desfavorecidos que logran un resultado, entendido como un cambio á diferenza entre a situación ao saír en comparación coa situación ao entrar na operación do FSE. Participantes desfavorecidos son:

– Participantes que viven en fogares sen traballo*

– Participantes que viven nun fogar só cun adulto con fillos ao seu cargo*

– Inmigrantes, persoas de orixe estranxeira, minorías (incluídas as comunidades marxinadas, como a poboación romaní)**

– Participantes con discapacidade**

– Outras persoas desfavorecidas**

b) Indicadores de resultado a longo prazo1.

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Mostra representativa centrada en

Participantes que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación*

2019 e 2025

Participantes:

– Desempregados

– Inactivos

1a) Desempregados

1b) Inactivos

2) Grupo de idade

3) Nivel educativo

4) Situación fogar

Participantes que mellorasen a súa situación no mercado de traballo no prazo dos seis meses seguintes á súa participación*

2019 e 2025

Participantes:

– Empregados

1) Grupo de idade

2) Nivel educativo

3) Situación fogar

Participantes maiores de 54 anos de idade que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación*

2019 e 2025

Participantes maiores de 54 anos de idade:

– Desempregados

– Inactivos

1a) Desempregados

1b) Inactivos

2) Nivel educativo

3) Situación fogar

Participantes desfavorecidos que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación**

2019 e 2025

– Desempregados

– Inactivos

Participantes con algunha das seguintes desvantaxes (non exclusivas mutuamente):

– Participantes que viven nun fogar composto dun único adulto con fillos a cargo*

– Inmigrantes, participantes de orixe estranxeira, minorías (incluídas comunidades marxinadas, como a poboación romaní)**

– Participantes con discapacidade**

– Outras persoas desfavorecidas**

1a) Desempregados

1b) Inactivos

2) Grupo de idade

3) Nivel educativo

4) Situación fogar

Indicadores específicos da iniciativa de emprego xuvenil (IEX/YEI) (anexo II do Regulamento 1304/2013).

3. Indicadores de resultado.

a) Indicadores de resultado inmediato2.

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Participantes desempregados que completan a intervención subvencionada pola Iniciativa de emprego xuvenil

Anualmente

Participantes desempregados

Participantes desempregados que reciben unha oferta de emprego, educación continua, aprendizaxe ou período de prácticas logo da súa participación

Anualmente

Participantes desempregados

Participantes que se integran nos sistemas de educación ou formación, que obteñen unha cualificación ou que obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación

Anualmente

Participantes desempregados

Participantes desempregados de longa duración que completan a intervención subvencionada pola Iniciativa de emprego xuvenil

Anualmente

Participantes desempregados de longa duración

Participantes desempregados de longa duración que reciben unha oferta de emprego, educación continua, aprendizaxe ou período de prácticas logo da súa participación

Anualmente

Participantes desempregados de longa duración

Participantes desempregados de longa duración que se integran nos sistemas de educación ou formación, ou que obteñen unha cualificación ou un emprego, incluído un emprego por conta propia, logo da súa participación

Anualmente

Participantes desempregados de longa duración

Participantes inactivos e non integrados nos sistemas de educación ou formación que completan a intervención subvencionada pola Iniciativa de emprego xuvenil

Anualmente

Participantes inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación

Participantes inactivos e non integrados nos sistemas de educación ou formación que reciben unha oferta de emprego, educación continua, aprendizaxe ou período de prácticas logo da súa participación

Anualmente

Participantes inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación

Participantes inactivos non integrados nos sistemas de educación ou formación que se integran nos sistemas de educación ou formación, obteñen unha cualificación ou obteñen un emprego, incluído un emprego por conta propia, logo da súa participación

Anualmente

Participantes inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación

b) Indicadores de resultado a longo prazo.

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxecto do informe

Mostra representativa centrada en

Participantes en educación continua ou programas de formación que dean lugar a unha cualificación, unha aprendizaxe ou un período de prácticas no prazo de seis meses seguintes á súa participación

Anualmente

Todos os participantes

1a) Desempregados

1b) Desempregados de longa duración

1c) Inactivos, non integrados nos sistemas de

educación/formación

2) Grupos de idade (se é relevante)3

3) Nivel educativo

4) Situación fogar

Participantes empregados no prazo de seis meses seguintes á súa participación

Anualmente

Todos os participantes

1a) Desempregados

1b) Desempregados de longa duración

1c) Inactivos, non integrados nos sistemas de

educación/formación

2) Grupos de idade (se é relevante)4

3) Nivel educativo

4) Situación fogar

Participantes que traballen como autónomos no prazo de seis meses seguintes á súa participación

Anualmente

Todos os participantes

1a) Desempregados

1b) Desempregados de longa duración

1c) Inactivos, non integrados nos sistemas de

educación/formación

2) Grupos de idade (se é relevante)5

3) Nivel educativo

4) Situación fogar

1 Se os datos do informe para estes indicadores se refiren a soporte YEI, a poboación chamada inactiva debe ser entendida como inactiva non integrada nos sistemas de educación ou capacitación.

2 A definición de desempregados de longa duración varía coa idade:

– Mozos (<25 anos de idade) - máis de 6 meses continuos en desemprego (>6 meses).

– Adultos (25 anos de idade ou máis) - máis de 12 meses continuos en desemprego (>12 meses).

Como referencia véxase definición no anexo C1 - indicador común 2 do FSE.

3 É relevante para todas aquelas operacións onde a axuda IEX inclúe participantes maiores de 24 anos.

4 É relevante para todas aquelas operacións onde a axuda IEX inclúe participantes maiores de 24 anos.

5 É relevante para todas aquelas operacións onde a axuda IEX inclúe participantes maiores de 24 anos.