Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente RP-0128/2015-CO-INC.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A Coruña, 2 de maio de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RP-0128/2015-CO-INC.

Interesada: Peregrina Regueira Basante.

Acto de notificación: resolución.