Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2018 pola que se empraza a persoa interesada no recurso contencioso-administrativo P.O. 26/2018 que se tramita ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña.

A Consellería do Medio Rural recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña o Decreto do 15 de marzo de 2018 polo que se acorda admitir a trámite a demanda e se require a remisión do expediente e o emprazamento das persoas que poidan resultar afectadas pola resolución do recurso contencioso-administrativo P.O. 26/2018, interposto por Manuel Ángel Jove Losada, contra a Resolución do 11 de outubro de 2017, ditada no expediente MON-LU-0086/2016-CAF, pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 24 de marzo de 2017, do director xeral de Ordenación Forestal.

En consecuencia, ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, e de conformidade cos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázase a Clara Roca Corral para que poida comparecer como parte no citado procedemento xudicial no prazo de nove (9) días contados desde a publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2018

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: MON-LU-0086/2016-CAF.

Interesada: Clara Roca Corral.

Acto de notificación: emprazamento.

Último domicilio coñecido: r/ Estocolmo, 7, 15008 A Coruña.