Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24849

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación do Concello de Valga en materia de xestión de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 6 de abril de 2018, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Valga mediante o Acordo do Pleno, na sesión do 4 de decembro de 2017, das facultades de recadación dos seguintes ingresos de dereito público:

1.1. Recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público derivados de sancións correspondentes a expedientes sancionadores tramitados polo Concello de Valga, especialmente os referidos a:

1.1.1. Expedientes sancionadores por infraccións urbanísticas.

1.1.2. Expedientes sancionadores por vulneración da normativa sobre horarios de apertura e peche de locais e espectáculos públicos, así como o seu estado no ámbito competencial do Concello de Valga.

1.1.3. Expedientes sancionadores en materia de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

1.1.4. Expedientes sancionadores por infracción á normativa estatal, autonómica e local sobre posesión de animais potencialmente perigosos.

1.2. Recadación en vía executiva das sancións correspondentes a expedientes sancionadores por infracción do Regulamento xeral de circulación ou da ordenanza municipal de circulación do Concello de Valga.

1.3. Recadación en vía executiva da taxa pola prestación dos servizos de asistencia e atención a accidentes de tráfico.

As citadas delegacións serán realizadas pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 6 de abril de 2018

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial nº 2016007829, do 25.4.2016)
Carlos López Font
Deputado delegado da Deputación Provincial de Pontevedra