Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24782

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 339/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 339/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Natalia Candal Iglesias contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., administrador concursal de Deus Creaciones, administrador concursal de Confección Ideal, administrador concursal de Costura Invisible, administrador concursal de Confecciones Deus, administrador concursal de Confecciones Fraga, administrador concursal de Plataforma Costurera, S.L., administración concursal de Shivshi, S.L., administración concursal de Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Fogasa e Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta por Natalia Candal Iglesias contra as entidades demandadas, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, e condeno as demandadas Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Creaciones Deus, Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Vainica Doble, S.L. á readmisión inmediata da demandante ou ao aboamento solidario dunha indemnización de 4.613,40 € máis os salarios de tramitación correspondentes desde a data do cesamento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 37,28 €/día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberán consignar, no momento de interporen o recurso, a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L. e administración concursal de Gaviota Textil XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza