Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24788

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 531/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución pronunciada no día da data, no proceso seguido por instancia de Iván Gómez Xesto contra Segur 10 Vixilancia, S.A., Compañía de Protección Galaica, S.A. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 531/2016, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Compañía de Protección Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 22 de xuño de 2018, ás 10.00 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio.

A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Compañía de Protección Galaica, S.A., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza